Novas por contido

Os empregados/as da Administración galega esixen a retirada da Lei de Medidas e a dimisión dos seus promotores.

O comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra mantén dende o mediodía un peche no edificio central da Xunta de Galiza en Vigo para denunciar o progresivo desmantelamento dos servizos públicos por parte dos responsábeis autonómicos. Os empregados/as da Administración galega queren amosar deste xeito a súa oposición á política de peche de centros e despedimento de persoal que está a practicar o Goberno galego do PP co obxectivo de privatizar os servizos públicos.

 

Con este encerro indefinido nas instalacións da Xunta en Vigo os representantes do comité queren tamén esixir a retirada da Lei de Medidas no Emprego Público aprobada polo Partido Popular ao entender que supón un ataque directo ás condicións de traballo de centos de persoas.

Segundo manifestan, a normativa penaliza o traballador/as que enferma; equipara os domingos e festivos cos días da semana; incrementa as horas de traballo, con quendas de até 10 horas seguidas; e impide a conciliación familiar e laboral ao permitir a modificación da xornada de traballo.

Así mesmo, salientan que as medidas non van supoñer aforro económico ningún e critican que a Consellería teña eliminado xa máis de 70 postos de empregos no conxunto do país, o que se está a traducir nun deterioro da calidade asistencial nos centros dependentes do departamento autonómico.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.