Novas por contido

O DOG do 30/04/2012 publicaba a convocatoria de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013. O día 31 de maio reuniuse a comisión de baremación que para o caso da Escola Infantil de Vite, segundo o artigo 8, esta composta por unha persoa representante da Xunta de persoal e unha por parte do comité de empresa do persoal dos servizos centrais da Xunta de Galiza.

Esa comisión resultou só de carácter informativa para as persoas representantes das e dos traballadores públicos:

  • Concedéronse 59 prazas, delas, 35 pertencen a reservas (xa tiveron praza anos anteriores) e 24 novos ingresos.

  • Aseguran que entraron todas as persoas que solicitaron; enténdese das prazas reservadas para traballadoras e traballadores de servizos centrais (as persoas de fóra teñen unha longa lista de espera).

  • Quedan reservadas para cubrir antes de outubro, que senón pasarán á quenda libre, 4 prazas de 0-1 ano e 1 praza de 2-3 anos. Por cuestións de índice organizativo non queda reservada ningunha de 1-2 anos, se se dá o caso ten que ir á lista de espera.

Descarga listaxe de admitidos/as e reserva

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.