Novas por contido

Asisten pola CIG: Zeltia Burgos, Lourdes Morales, Raquel Vázquez, Secundino Fernández, Ana María Benito

PRÓLOGO

Desta vez reunímonos na sala de prensa do edificio administrativo da avda. da Habana (casa de chocolate); cada día nun lugar distinto. Hai que ter en conta que a Xunta de Persoal por lei ten dereito a un local para as súas xuntanzas. Esta aptitude demostra, unha vez mais, o respecto que teñen polas funcionarias e funcionarios este goberno tan popular. Non respectan nin as formas e deixan sen local a un organismo administrativo.

1.- Acta: Aprobada

2.- Escritos enviados e recibidos: Non hai. Parece que a administración coa que está caendo non ten nada que comunicar aos lexítimos representantes dos traballadores.

3.- Situación do LOCAL SINDICAL:

Acórdase por unanimidade:

  • Solicitar por escrito un local sindical permanente no edificio administrativo (casa de chocolate). Neste escrito pedir que se conteste oficialmente e por escrito de que local se disporá. Hai que ter en conta que as organizacións sindicais teñen dereito a un local nas dependencias administrativas
  • Solicitar por escrito un local para as xuntanzas periódicas da Xunta de Persoal no edificio administrativo (casa de chocolate). Neste escrito pedir que se conteste oficialmente e por escrito de que local se disporá. Hai que ter en conta que a Xunta de Persoal ten dereito a un local nas dependencias administrativas

4.- Varios, rogos e preguntas

A CSIF propón que ante os recortes se flexibilice a posibilidade de petición e disfrute das vacacións. Concretamente que se podan pedir por días soltos. A CIG indica que esta petición non pode de ningún xeito avalar a eliminación de días de asuntos persoais sen xustificación nin tampouco os outros recortes; o resto das centrais móstranse favorábeis a este engadido da CIG, e polo tanto apróbase por unanimidade

A CIG propón que se faga un escrito informe no que se explique o que supón a retirada da paga extra aos traballadores do sector público, tanto para nos como para o resto da sociedade ourensá; o obxectivo sería concienciar a sociedade do que se xoga con este recorte. Neste escrito tamén se exporá como a Xunta de Galiza ten posibilidade de compensar esta eliminación da paga extra imposta polo governo do estado. Unha vez elaborado enviarase a prensa e a DXFP en nome da Xunta de Persoal. Apróbase por unanimidade; encárgase de elaborar dito escrito informe Ana María Benito da CIG para posteriormente envialo ao resto das Organizacións Sindicais e posteriormente a prensa e DXFP

Ourense, 25 de setembro de 2012

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...