Novas por contido

O Partido Popular, a pesar de ter 135.000 votos menos que no 2009 e de perder case un punto na porcentaxe de voto, vén de conseguir revalidar a maioría absoluta aumentando en tres deputados a súa presenza no Parlamento Galego. O descenso en votos, tanto en termos absolutos como relativos, prodúcese especialmente na Galiza urbana pese ao que se consolida como primeira forza política na nosa nación. A maioría absoluta, o 54,67% dos diputados, obtenos co 45,72% dos votos.

Ningunha maioría, por absoluta que sexa, vaille dar lexitimidade aos recortes

Agárdanos un rescate, retrasado conscientemente ata que pasase a data destas eleccións, e unha política de recortes que nas Administracións xa está iniciada e que intentará afectar ás empregadas e empregados públicos, empeorando aínda máis as súas condicións salariais, reducindo os efectivos da Administración e laminando os dereitos laborais do colectivo.

Agárdanos unha longa noite de pedra na que teremos que facer fronte a todas as políticas que supoñan un menoscabo nos nosos dereitos.

Agárdannos uns anos de confrontación social, de loita na rúa, de oposición a políticas neoliberais que van a asomar á Administración galega ao borde do abismo.

O descenso de voto ao PP nas cidades está sen dúbida relacionado coa desafección cada vez maior dos empregados/as públicos/as que foron vítimas dos recortes. Aínda así, e cunha Administración en pé de guerra, o Partido Popular consegue conservar a súa maioría e con ela o control da Administración Pública.

Os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza, que non queremos seguir a ser os principais pagadores da crise e dos recortes, imos ter que seguir en garda e con espírito de loita para frear o que se nos vén enriba. Nas nosas mans está o abreviar esta longa noite de pedra. Nas nosas mans vai estar o frear ou non as medidas que se nos queiran impoñer.

Non queda aberto outro camiño que non sexa un proceso de loita social para defender os nosos dereitos e impedir que se consoliden os plans do Partido Popular en relación á Administración Pública.

Dende a CIG animamos, incluso nos momentos máis difíciles, a todos/as os/as empregados/as públicos/as a seguir mantendo o espírito crítico e o rexeitamento a canto de lesivo haxa nas próximas medidas que o PP vai querer implantar. Ningún goberno pode manterse no poder se perde os apoios sociais.

Outras novas recentes

Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...