Novas por contido
O xoves, 13 de decembro, os traballadores e traballadoras de negro dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza concentrámonos en San Caetano para reclamar o dereito ao cobro do noso salario roubado, para reclamar, en definitiva, que se respecten os nosos dereitos. Contra os chuzos de punta e o vento, xuntámonos onde ben podíamos e, a pesar de todo iso, manifestamos o noso compromiso, un xoves máis, coa loita pola nosa dignidade como empregadas e empregados públicos.
Nun ambiente moi bon, ao que non axudou evidentemente as condicións climatolóxicas, estivemos berrando ao Consello da Xunta que se estaba a celebrar ao carón. "O noso diñeiro vai para os banqueiros", "Mans arriba, isto é un atraco", "Non é unha crise, é unha estafa", "A nosa dignidade, non é recortable", foron varias das consignas que se berraron, ademáis do xa protocolario minuto de ruído que tamén xa tradicionalmente lle adicamos todos e todas ao Consello da Xunta. E todo isto axudou a correlo frío.

Nesta concentración avanzouse a convocatoria para a semana que vén, animando á xente a participar e anunciando varias accións sorpresas que tentarán chamar a atención sobre a nosa loita e serán concretadas nos vindeiros días. Concentración que pechará o programa iniciado pola Xunta de Persoal "4 xoves, 4 causas" polo que durante os xoves de finais de novembro e os de antes de nadal estamos reclamando a recuperación dos dereitos perdidos, denunciando a nula vontade negociadora por parte de Función Pública e esixindo a paga extra que nos usurparon para darlla aos bancos e aos especuladores.

Non máis, o xoves que vén, día 20 de decembro, volveremos a estar aí, á mesma hora e no mesmo lugar, na explanada da cafetaría de San Caetano, aí onde os empregados públicos dos Servizos Centrais reclaman os seus dereitos e onde se pelexa polos Servizos Públicos. Se chove pois que chova que a auga fai falta, tanto nos ten, non imos agardar a que saia o sol.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...