Novas por contido

O mércores, 9 de xaneiro, o Comité de Empresa de Traballo e Benestar na provincia da Coruña protestou ante a Xefatura Territorial, polos recortes e imposicións ao persoal dos centros, que se atopan nunha situación de estrés laboral, descoñecendo as carteleiras do 2013, sen compensacións por traballar domingos e festivos, sen paga extra, descontandose os días de baixa, eliminando días de descanso e vendo como cada día que pasa a Xunta de Galiza recorta dereitos e convirte as condicións de traballo nun sistema de explotación laboral.

E os recortes non fican aí afectan, ademáis da evidente perda de calidade asistencial en recursos humanos tamén está afectada a calidade dos servizos públicos en cuestións tan elementais como o cambio de pañais ou as sabás dos residentes dos centros desta consellaría.

O Comité de Empresa denuncia esta situación e fai un chamamento a todo o persoal a mobilizarse contra os recortes de Feijoo e Rajoy.

 

 

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...