Novas por contido

En data 13 de Xullo, voltamos formular solicitude de xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de Condicións Especiais de Traballo do Persoal Laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza, en aplicación do establecido no punto 3.16 do citado acordo, para tratar as seguintes cuestións, que están sendo incumpridas reiteradamente:

  • Cuadrantes anuais de traballo.
  • Época de perigo alto. Funcións de vixilancia e extinción.
  • Gardas localizábeis. Previsións de cara a súa distribución. Compensacións.
  • Permisos e licenzas. Denegación sen xustificación e de palabra.
  • Reclasificación das categorias peón conductor e emisorista.
  • Cambio de denominación das categorias á de bombeiro forestal.
  • Formación e seguridade.
  • Plan de avaliación de riscos específicos.
  • Plan específico de mellora das instalacións para o exercizo 2009.
  • Contratacións temporais e substitucións polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

 

No caso de non resposta por parte da Conselleria do Medio Rural a nosa solicitude de xuntanza, tomaremos as medidas oportunas para que a comisión de seguimento volte a convocarse. Recordámoslle a Medio Rural, que dita comisión reuniráse a veces que sexa necesario xa que é o órgano encargado de velar polo cumprimento do acordo.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...