Novas por contido

A Xunta ven de presentarnos dous novos documentos, un sobre as condicións económicas e outro sobre as condicións de traballo na Área de Benestar.

O que non entendemos é cómo de caótica é a organización da Xunta cando en negociacións paralelas a Consellaría de Traballo e Benestar propón cartos para compensar o traballo en domingos e festivos e a Consellaría de Medio Rural e do Mar di que non hai cartos. O persoal laboral da Xunta de Galiza é único, de aí que exista un Convenio Único e que só teñan cabida as regulacións de condicións especiais. Pero a compensacións por domingos e festivos, o descanso substitutorio do traballo o 24 e 31 de decembro son cuestións comúns a todo o persoal laboral da Xunta que traballa eses días.

Outra cuestión é por qué a Administración pretende agora recoller nun Acordo o que xa está recollido no Convenio. E aí falamos non só do 24 e o 31 dos que xa nos retiraron as compensación pola lei de medidas, senón do artigo 19.1 do Convenio que queren agora suprimir na Lei de Orzamentos. Como poden suprimilo por lei e ao mesmo tempo estar a negocialo? O primeiro paso para que nos creamos algo do que prometen sería retirar do proxecto de Orzamentos a supresión do artigo 19.1 do Convenio.

Dos novos documentos aportados pouco máis se desprende que a suba das cantidades destinadas a compensacións durante o ano 2013. Parece que a Xunta non entende que a filosofía é diferente. Estamos pedindo tempo de descanso, compensacións horarias por traballar domingos e festivos e non cartos.

Descarga os documentos:

  • Acordo sobre o pago de COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS POLO TRABALLO EN DOMINGOS OU FESTIVOS oficiais do persoal dos centros de xestión propia da área de benestar da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza. Descargar.
  • Acordo sobre as CONDICIÓNS ESPECIAIS DE TRABALLO do persoal dos centros de xestión propia da área de benestar da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza. Descargar.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...