Novas por contido

A comparsa de entroido da CIG en San Caetano reparte chourizos e solicitalle á Xunta que faga como o Vaticano coa do Papa e non amortice prazas vacantes.

Aproveitando que o martes de Entroido foi un día semi-festivo en San Caetano, e cando menos tradicionalmente lúdico, uns compañeiros e compañeiras da CIG nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza estiveron percorrendo os corredores e unidades administrativas de San Caetano.

Ataviados con máscaras de Bárcenas, Montoro e cunha mitra papal como homenaxe ao papa Ratzinger, aproveitouse para, recollendo a actualidade, darlle a volta e reivindicar a corrupción instalada no Partido Popular aló onde goberna, facendo tamén un chamamento en contra do actual proceso de amortización de prazas e de privatización dos Servizos Públicos na Xunta de Galiza.

Un dos eslóganes que se repetiu aló por onde se pasaba era: "O papa xubílase e cúbrenlle a praza, O funcionario xubílase e amortízanlle a praza". Nas declaracións aos medios de comunicación púxose de manifesto a situación que se vai derivar dos vindeiros orzamentos da Xunta, onde está previsto que se amorticen máis de 1.000 prazas de persoal funcionario. Así mesmo, como feito simbólico, repartíronse chourizos entre o persoal traballador da Xunta co lema"Axúdanos a acabar cos chourizos na Xunta", e por certo, estaban boísimos e, aínda que repitan un pouco, non son tan perigosos coma os outros.

Dende as Seccións Sindicais da CIG temos que facer un saúdo especial para coa Policía Autonómica, que se apuntou dende o primeiro momento á comparsa, seguíndonos por todos os corredores e velando pola nosa saúde, pedíndonos insistentemente que nos quitásemos as máscaras por dentro dos edificios administrativos, dado que eran conscientes da calor que estas producían, e dando un colorido azulón á comparsa que quedou moito vistosa.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...