Novas por contido

O luns, 4 de marzo, tivo lugar unha xuntanza co Instituto de Estudos do Territorio para tratar a proposta de modificación da súa RPT por conta da creación dunha praza derivada dunha sentenza xudicial.

Comezou a administración explicando os motivos da modificación da relación de postos de traballo, os cales veñen derivados dunha sentenza xudicial polo despedimento nulo dunha traballadora dunha AT de Tragsa.

A CIG comezou a rolda de intervencións das OOSS manifestando a nosa queixa pola falla da memoria económica e polos abundantes erros do resto da documentación enviada. Os representantes do IET recoñeceron os ditos erros e comprometéronse a enviar de novo a documentación corrixida e actualizada.

Tamén preguntamos pola significado da revisión do estudo organizativo que se anuncia na memoria xustificativa ao que o director respostou que o vixente estudo organizativo contempla as necesidades de persoal para os anos 2012 e 2013, necesidades que a día de hoxe están cubertas para todo este ano 2013 e que non contempla a creación de novas prazas.

Esta revisión do estudo organizativo contan con facela entre marzo e abril pois están pendientes doutras sentenzas xudiciais que están a piques de saír. Ante a pregunta da CIG de si o que van facer é amortizar esta praza e aquelas que poidan vir derivadas das sentenzas xudiciais pendentes de saír, o director nin confirmou nin desmintiu, mais indirectamente deslizou que si a revisión do estudo organizativo non contempla o incremento de persoal, esta praza e as futuras serán amortizadas ou cambiadas de centro. Todo isto manifestouno  co seu profundo pesar de ter que chegar a esta situación que non desexa para nada......

Tamén se lle lembrou que esta situación é causada pola contratación irregular de AT no canto de tirar do persoal propio, tanto funcionario coma laboral. Ao tempo solicitamos que se tomen as medidas oportunas para que situacións deste tipo non se volvan a repetir, ao que o director manifestou que a día de hoxe no IET non hai ningunha AT traballando. Según el, unicamente hai unha persoa autónoma vinculada a un proxecto europeo que remata en abril-maio.

O director tamén dixo algo interesante como é que ante as posibles necesidades futuras de persoal, o IET estaría disposto a botar man do persoal ao que se despediu na anterior modificación da RPT do IET, pois, según as súas propias palabras, é persoal que encaixaría mellor na estrutura do IET que o persoal das AT de Tragsa, cuio traballo é moito máis puntual. O que non explicou foi como se farían esas posibles contratacións.

Fóra do obxecto desta xuntanza, a CIG preguntou por como se atopa nestes intres o proceso de integración definitiva ao que o director e a xefa de Xestión dixeron que a finais do ano pasado trasladaron este tema a Función Pública e que aínda non saben nada, e que están desexando rematar a integración dunha vez por todas. Dende a CIG solicitamos que nos enviaran unha copia do documento de traslado a Función Pública para rematar co proceso de integración ao que respostaron que nola enviarían xunto co resto da documentación corrixida.

Outra pregunta que a CIG plantexou foi referida ao persoal que no seu día quedou fóra do acordo de integración (19 persoas en total, das que 11 son do IET e 8 do AGADER). Destas 11 persoas que reclamaron en prazo, 9 integráronse no IET e 2 quedaron fóra. A CIG manifestou que a comisión de valoración, da que formaron parte as OOSS, non tivo coñecemento destas reclamacións, ao que respostaron que estas persoas reclamaron en prazo e estaban no seu dereito. Dende a CIG manifestamos o noso desexo de ter copia desas reclamacións e dixeron que ese tema non o levaba o IET directamente, senón que o levaban na Secretaría Xeral, á cal nos emprazaron.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...