Novas por contido

O pasado mes de marzo tivo lugar xuntanza do comité de seguridade e saúde de incendios forestais no que se trataron as seguintes cuestións:

1.- A reunión comezou co presidente presentando ao novo subdirector de incendios forestais, Miguel Cela.

2.- A CIG, coñecedora de diversos casos de persoas con problemas graves de saúde (con informes médicos) que impiden o desenvolvemento do traballo habitual, solicita que o tratamento que se da aos axentes facultativos se faga extensivo a todo o persoal que presta servizo na extinción de incendios. Queremos que se creen prazas de segunda actividade para o persoal que por saúde non debería estar facendo tarefas de extinción. Acordouse estudar o tema, para ver que mecanismos se poden articular para darlle solución.

3.- Solucións á problemática dos vehículos do SPDCIF, cuxa situación actual é que non hai onde levar os equipos, non existe lona para as bacas, é imposíbel levar os equipos de prevención e de extinción, speran o PMA (peso máximo autorizado), non aguantan a freada cando o peso é o máximo, faltan homologacións, existen problemas coa reparación das bombas ao tardar moito tempo en amañalas. Ante esta situación, solicitamos que se fagan probas en todas as provincias, e que se consulte a opinión das persoas traballadoras que utilizan os vehículos diariamente.

4.- A CIG denuncia, que ao persoal do SPDCIF, ademais de quitarlle as compensacións non lles cubren as vacantes, polo que o aumento da carga de traballo incrementa o risco de accidente neste servizo de emerxencias. Por este motivo solicita a cobertura de todas as prazas vacantes existentes no servizo.

5.- Falamos sobre as deficiencias, ou non existencia (caso do distrito II), dos puntos de encontro, ao que a administración resposta que lle pasemos unha listaxe coas bases e as deficiencias que teñen. COMA SEMPRE PIDEN QUE FAGAMOS O SEU TRABALLO.

6.- Denunciamos que a avaliación de riscos referente á actuación preventiva nos incendios forestais non se fixo de xeito adecuado, porque. 1) acordárase visitar as brigadas en época de incendios, para avaliar os incendios in situ e visitáronse as brigadas en baixo risco e en época de choivas. 2) quedárase de marcar que número de brigadas se vistarían e ademais de non facelo, a administración decidiu reducir o número inicial. 3) quedou constatado coa morte dun compañeiro nun lume, que a persoa encargada de facer a avaliación de riscos non coñece o traballo en incendios forestais.

7.- Denúnciase que un traballador do Distrito III chegou a facer unha xornada de 18 horas no incendio de Toques (días 4 e 5 de marzo). Pídese información sobre esta irregularidade e engádese que a prolongación de xornada aumenta o risco de accidente.

8.- Os cuadrantes de traballo están sen entregar aos traballadores, e non son iguais en tódolos distritos da comunidade.Denunciamos que tanto a carga de traballo aumentada por eliminar, unilateralmente, as compensacións como a falta de cuadrantes, imposibilita a este persoal a conciliación da vida familiar coa laboral.

9.-  A CIG comenta que existe novo persoal sen EPI´s, roupa deteriorada polo uso, brigadas ás que non se lle deron lanternas, persoal sen botas de auga. Ante esta situación solicita información sobre cando se vai dar ao persoal o material que necesita para poder desenvolver o seu traballo protexidos e de maneira adecuada. A CIG fai constar que as prendas de traballo non protexen despois de 50 ciclos de lavado. A CIG recorda que podería aforrarse cartos si se dera material adaptado e cumprindo as necesidades que apuntan os traballadores.

10.- Dende o servizo de planificación se comunícase que se van a realizar, xunto co servizo de prevención, un curso de formación para conductores de motobomba e brigadas. Haberá 2 edicións, unha encamiñada aos riscos laborais, e outra dirixida aos primeiros auxilios. Os cursos serán impartidos por persoal de MUGATRA e do servizo de prevención. Tamén está previsto que no mes de xuño-xullo se faga un curso para emisoristas, vixiantes e condutores e brigadistas contratados para o verán (serán de 5 horas). Estes cursos non terán convalidadción da EGAP.

11.- Na  rolda aberta de intervencións a CIG traslada a pregunta que lle fai o persoal contratado para o verán referente a si teñen que pasar unha proba física e si se lle vai a pedir o certificado médico. O presidente aclara que para traballar non o necesitan, pero si teñen que pasalas si queren seguir nas listas de contratación, xa que é un requisito para permanecer nelas.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.