Novas por contido

Programa cursos para traballadores do SPDCIF da Xunta de Galiza.

- Botánica forestal para o persoal de extinción de incendios forestais.
Horas: 35.
Prazas: 15.
Comenzo e remate: 26 - Outubro ata 10 - Novembro.
Horario: Tardes (3 horas diarias).

- Silvicultura como recurso preventivo de incendios forestais.
Horas: 35.
Prazas: 15.
Comenzo e remate: 16 - Novembro ata 1 - Decembro.
Horario: Tardes (3 horas diarias).

As soicitudes poderán presentarse a partires do Xoves 24 de Setembro de 2009, no local de Forga en Ourense, sito na rúa Río Mao, 27-Baixo, ou ben, remitila por fax ao número 988 37 38 51.

Xunto coa solicitude, deberá acompañarse a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI.
- Derradeira nómina.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de Outubro para o curso de Botánica e o 12 de Novembro para o de Silvicultura.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.