Novas por contido

Pasou correndo a semana pasada pola Mesa Xeral do luns, a comisión de persoal do mércores e o Consello da Xunta do xoves, aproveitando para ter tema do que falar na rolda de prensa. Na súa nota, a Xunta insiste moito na contención do gasto, a austeirdade e o cumprimento do rigor do establecido por Madrid, porén, non desperdicia a oportunidade de tentar vender unha "cara amable" da súa austeridade con esta ridícula oferta de emprego público que non vai conter a sangría de amortizacións e privatizacións previstas nos servizos públicos. Tamén a cualificamos de vergoñenta pois o Goberno da Xunta de Galiza segue a sacar OPEs cando aínda ten sen executar centos de prazas das ofertas de 2008, 2009, 2011 e 2012.

A CIG non puido menos que votar en contra porque ademáis no propio día da súa aprobación na Comisión de Persoal non tiñamos a cuantificación da oferta. Ademais segue sen haber cambios na composición de tribunais (que serán de control exclusivamente político), non hai compromiso de separar os procesos de discapacitados nin de promoción interna, nin unha aposta decidida por esta última.

O venres, 13 de decembro, e xa aprobado no Consello da Xunta, o director xeral da Función Pública envíanos, agora sí, a cuantificación da OPE 2013:

PRAZAS CORRESPONDENTES Á OFERTA PARA O INGRESO NOS CORPOS E  ESCALAS DE ADMINISTRACIÓN XERAL DO ANO 2013.

1.ACCESO LIBRE

 

DISC (7%)

Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1)

13

2

Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)

9

1

Escalas:

 

 

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1)

-       Escala superior de finanzas

-       Escala de letrados

 

8

6

 

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)

-       Escala técnica de finanzas

8

 

TOTAL

44

3

TOTAL XERAL

47

 

 

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...