Achéganos Función Pública un novo lote para a elección de destino definitivo de 2 novas escalas: enx. agrónomos/as e enx. téc. industriais. Neste caso, a data prevista para a elección de destino definitivo é xa a primeira para o ano que vén, en concreto, o 8 de xaneiro.  Dannos de prazo até o día 19 de decembro para facer observacións ás listaxes de postos que nos achegan.