Novas por contido

Como vén sendo habitual nos últimos anos, chegadas as datas de Nadal, a Xunta de Persoal de Lugo diríxese ao Presidente da Xunta de Galicia para que nesta época tan propicia para a reflexión, tome nota das xustas demandas que lle facemos desde este humilde organismo.

O incuestionable traballo dos empregados e empregadas públicas fai que merezamos cando menos xustiza no trato que se nos dispensa e non maltrato e carbón que foi o único que nos repartiu o Presidente desde a súa chegada ao poder. E este reparto de mineral tamén o fai o Presidente e o seu goberno para a poboación máis desfavorecida coa privatización e eliminación dos servizos máis básicos.

 

Por iso, e aínda que este ano nos portamos moi ben e que levamos perdido máis dun 30% do noso poder adquisitivo e somos das poucas comunidades autónomas que van ver como ao seu persoal se lles requisa de novo unha parte da súa paga extra, quédannos folgos para seguir reclamando xustiza para os nosos concidadáns e facémolo pedindo que se respecten os seus dereitos e mantendo os seus servizos máis básicos. As nosas peticións van dirixidas a un mellor funcionamento dos nosos servizos públicos e por tanto para toda a poboación.

Un ano máis, prometemos seguir a portarnos moi ben no noso traballo, o que non exclúe que estaremos mobilizándonos contra todas aquelas agresións que sufrimos e que sofren os nosos/as cidadáns/ás.

Fixemos a presentación desta petición desde un dos moitos locais baleiros que ten a Xunta de Galicia. Neste caso o da cafetería do edificio administrativo que mentres está pechada a cal e canto, pagamos alugueiros e mantemos ao persoal  con moitas limitacións de espazo no seu lugar de traballo.

Xuntámoslle por tanto ao Presidente a seguinte listaxe cos nosos desexos para o vindeiro ano 2014 entendendo que son peticións moi fáciles de resolver e que con elas estará o goberno galego ofrecendo unha mellor calidade de vida ao seu persoal e á súa poboación en xeral:

  • Que os soldos dos empregados públicos recuperen o 30% de poder adquisitivo perdido e o 100% das pagas extras.
  • Que non se produzan máis recortes sociais e laborais.
  • Que paren as amortizacións na administración da Xunta de Galicia.
  • Que se faga efectiva a descentralización dos cursos da EGAP.
  • Que se traballe a prol da dignidade do empregado público.
  • Que se cumpra a legalidade nas comisións de servizo e deixen de ser unha forma paralela de libre designación.
  • Que se dote de convenios con escolas infantís para os distintos centros de traballo da provincia de Lugo.
  • Que se cubran as prazas vacantes, baixas e xubilacións.
  • Que se evite o deterioro do Servizo Público.
  • Que se melloren as condicións de traballo en todos os centros da provincia.
  • Que se reduza o número de accidentes laborais.
  • Que sexa efectiva a flexibilización das xornadas de traballo.
  • Que se elimine o programa KRONOS e se recupere o seu gasto inútil.
  • Que se melloren as coberturas de seguros dos vehículos oficiais.
  • Que se melloren as condicións de climatización e electrificación dos edificios administrativos da provincia de Lugo.
  • Que se cumpran as leis sen ter que ir aos xulgados.
  • E sobre todo, que nos deixen traballar.

 

Outras novas recentes

Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...