Novas por contido

Inadmisibles leccións de ética da persoa que lidera o partido que bate marcas en casos de corrupción.

Nun arrebato máis de indignidade, o Partido Popular, asediado por múltiples casos de corrupción política, pretende desviar a atención e apunta directamente aos/as empregados/as públicos/as como culpables dos casos de corrupción. Os casos de corrupción do Partido Popular (Pokemon, Gurtel, Patos, etc.) non son casos de corrupción de empregados/as públicos/as, senón a pesar dos controis exercidos polos funcionarios/as públicos/as, e perseguidos polos mesmos.

Precisamente, nun ambiente corruptóxeno, onde se mercantilizan os servizos públicos e son fonte de lucrativos negocios, onde os bens públicos son mercadoría, é aí onde se aprestan a facer negocio os que consideran que son parte da operación mercantil da súa venda. Si os Servizos Sociais, a Educación e a Sanidade, non son dereitos senón mercadorías privatizabeis, querer sacar partido da súa venda se percibe como lexítimo por quen defende ideoloxicamente eses presupostos.

É nesa esfera, onde se adoptan as decisións políticas, e é naqueles persoas que de xeito intrusivo planean sobre as Administracións Públicas (asesores, altos cargos, persoal de confianza, libres designacións) onde está o foco da corrupción. O nexo entre o desmantelamento do Estado do Benestar e a corrupción política é evidente, e é precisamente a existencia de empregados/as públicos/as, un dos freos para impedir que se siga metendo a man nas arcas públicas

Dende a CIG-Autonómica manifestamos que quen necesita un código ético é o Partido Popular e non imos consentir que o amigo dun narcotraficante dea leccións de ética pública aos empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza. Non imos consentir que ante a pregunta de si os cargos do Partido Popular rouban se conteste que os empregados/as públicos/as necesitan un código ético. A CIG-Autonómica, que aínda non recibiu o borrador, non se vai prestar a este xogo inmoral que só serve para lavar a imaxe dun Partido Popular coa mácula da corrupción.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.