Novas por contido

A CIG tivo onte coñecemento do desmantelamento dunha brigada de defensa contra incendios forestais na comarca de Valdeorras. 

En menos de tres meses o goberno do Partido Popular leva suprimido tres brigadas, primeiro a brigada de Tomiño do distrito XVII (O Condado Paradanta), logo a brigada de Castromao do distrito XII (Miño-Arnoia) e agora a Brigada C.E-10 do distrito XIII ( Valdeorras- Trives).

A Confederación Intersindical Galega (CIG)  manifesta o seu total desacordo ante o novo ataque a o SPDCIF(servicio de prevención  e defensa contra incendios forestais) coa novo desmantelamento da brigada C.E-10  do distrito XII, Valdeorras- Trives.

Desde a CIG valoramos isto como unha nova volta de torca co que Feijoo e o seu goberno pretende acabar co servizo público de prevención e extinción de incendios forestais.

O Partido Popular, con este desmantelamento irresponsábel vai deixar desamparados os nosos montes, máis se cabe, fronte a tempada de alto risco, aumentando as súas xornadas de traballo, os seus desprazamentos e, en definitiva, a seguridade dos traballadores do servizo,  ese servizo que leva defendendo o noso monte durante as 24 anos e que é o máis eficaz do estado español que o PP trata de desmantelar a marchas forzadas para fabricar unha rede clientelar a través dos Concellos e das empresas privadas cun único fin electoralista e caciquil.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...