Novas por contido

A CIG-Autonómica vén de presentar unha denuncia por presunto delito de usurpación de funcións públicas contra o supervisor do parque móbil da Xunta de Galicia.

A CIG-Autonómica ten coñecemento de que a Xunta de Galicia, no momento actual, ten subscrito un contrato de alugueiro de vehículos coa empresa ATESA. Esta organización sindical  ten constancia documental  de que, cando menos, nalgúns destes contratos figura como condutor/arrendatario, cos seus datos persoais, D. Ricardo Cabeza Rama, supervisor de parque móvil da Xunta de Galicia.

O Sr. Cabeza Rama, dentro do organigrama da Xunta de Galicia figura na correspondente relación de postos de traballo como mecánico supervisor, encadrado por tanto no grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A CIG- Autonómica considera que a subscrición do citado contrato de alugueiro, de facerse, debería estar a cargo da Xunta de Galicia e non dunha persoa física. En todo caso, de selo, non é un mecánico da Xunta de Galicia a persoa axeitada para firmar e rubricar todos os contratos ao seu nome, e moito menos, cando a súa relación coa Administración non é a de funcionario de carreira, senón a de persoal laboral, o que, sen dúbida, implica que a actuación queda fora e ao marxe das súas competencias laborais.

A CIG-Autonómica entende que con este proceder supostamente tamén se podería estar a infrinxir un dos preceptos contidos no vixente Código Penal, concretamente o que fai referencia ás negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos e dos abusos no exercizo da súa función.

Tras do seu rexistro, Roberto Varela, secretario nacional da CIG-Autonómica, valorou que se está diante dunha suposta conduta delictiva, no momento en que a persoa denunciada está a exercer unhas funcións alleas ás propias do seu grupo e categoría profesional, iso sin ir máis alá, polo de agora, en canto aos motivos que puidesen esconder tal proceder. “Estamos diante duns feitos moi graves”, afirmou, “ao noso entender poderían ser constitutivos de ilícito penal”.

A CIG-Autonómica solicita da fiscalía que se investigue tamén se derivado desa actuación hai algún incremento patrimonial da persoa implicada nestes contratos ou das persoas do seu entorno familiar. “No caso de que houbera indicios, e iso puidera ser derivado destes contratos, o fiscal tería que actuar instando as actuacións que en dereito corresponden”, matizou.

Descargar denuncia.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.