Novas por contido

O luns 15 de decembro tivemos unha nova Mesa Xeral de Negociación onde coma sempre a parte empresarial, os dirixentes políticos da Administración Autonómica, cumpriron o trámite formal de escoitarnos e facer o que lles peta.

Discutimos as relacións de postos de traballo da consellería de Economía e Industria e do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Puidemos observar a hipocrisía de quen destrue porque lle mandan, e apaña cando lle convén.

Os argumentos son sempre os mesmos: a RPT hai que adaptala á estrutura orgánica e ás normas que obrigan a eliminar os postos que quedan vacantes. Eso si, esquecen que esas dúas obrigas veñen impostas por decisións políticas que poden mudalas cando quixer. Xa postos, véndenos que as modificacións están pensadas para aumentar a eficacia e eficiencia dos servizos públicos.

Economía destrúe seis postos; o IGVS destrue 48. Se analizamos os postos creados, atopamos cousas que xustifican o título deste texto: hipocrisía.

RPT DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

  • Amortizan 6 postos e crean 2. Non apoiamos a destrución de emprego porque o mande a estrutura ou as restricións orzamentarias.
  • Economía tiña un posto de Letrado/a Asesor/a, nivel 28, e outro de Asesor/a Xurídico/a, nivel 30. Suprimen o posto de letrado/a e crean un novo de asesor/a. É dicir, pasamos de dous postos, un de nivel 30 e outro de 28, a dous postos de nivel 30. Para financialo, hai que destruir máis dun posto.
  • Estamos conformes con que 6 postos abertos a outras administracións, queden só para administración xeral da Xunta, pois seguimos sen negociar un acordo de reciprocidade.
  • Criticamos que manteñan a cobertura das xefaturas de servizo mediante libre designación e os concursos específicos.
  • Mete unha chea de méritos a algún posto.

RPT DO IGVS

  • Amortizan 48 postos e crean 22. Dos destruidos, só 25 están vacantes, o que xenera perxuizo aos afectados. Non vamos apoiar a destrución de emprego público.
  • Dos 48 postos destruidos, 26 deles son base C1. A cambio crean 9 de axudantes de adminsitración, C1/C2 de nivel 16. Esto é unha novidade, un novo sistema proposto por Función Pública para promover algo de promoción interna, pero barata, e tras destruir o triple de postos que os creados.
  • Coa destrución van dificultar, aínda máis, a atención, xestión e o asesoramento necesario para prestar un servizo público de calidade en materia de vivenda.
  • Crean un posto por sentenza xudicial de indefinición. Exiximos responsábeis ás persoas causantes de que chegasemos á sentenza.
  • Expomos dous casos de contratacións que poden supoñer novas sentenzas no futuro, a maiores de que supoñen tirar o diñeiro:
    • Informática: Actualmente está en vigor un contrato que remata o 28/08/2015, de “MANTEMENTO, ACTUALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE NOVAS FUNCIONALIDADES NOS SISTEMAS DE INFORMACIÓN DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO (368.000,00 € sen IVE con INDRA)”. Xenera catro postos de traballo. Solicitamos que creen postos de traballo e non prorroguen o contrato administrativo.
    • Asesoría xurídica: No mes de abril asinaron un contrato de servizos de asesoramento xurídico para as persoas propietarias das vivendas do Plan Aluga. Non é que sexa de moita entidade (24.000€) e semella unha cuestión puntual pero non resulta moi coherente aumentar o persoal con coñecementos en Dereito e seguir a contratar asesoría xurídica externa. Se resulta preciso, propoñemos que se creen máis postos de asesoría xurídica en materia de vivenda, pero discriminando en primeiro lugar ás persoas socialmente máis vulnerables.
  • Fai anos a CIG apoiara a homologación de niveis entre servizos centrais e periféricos. Agora volven os desequilibrios:
    • Se en servizos centrais temos xefaturas de negociado de información, nivel 18, o que crean nos departamentos territoriais van ser os novos axudantes de administración, nivel 16.
    • Entre administracións: os/as arquitectos/as técnicos/as teñen un nivel inferior a outras administracións. Queremos unha negociación.
  • Botamos en falta a creación de postos de: Traballador social e Asesoramento legal aos cidadáns. En Vigo e Lugo, non chega coa creación dun único posto.
  • Incrementan os postos abertos a outras administracións. Inclusive abren as catro xefaturas territoriais aos concellos. Esto evidencia que as persoas responsábeis do IGVS consideran que o seu persoal propio non está capacitado ou non merece promocionar.
  • Rexeitamos que as xefaturas de servizo sexan LD. Rexeitamos a cobertura mediante Concurso Específico, un fraude.
  • O secretario xeral tiña un secretario-18-LD. Sendo o procedente que o posto fose de nivel 16-concurso, crean efectivamente un posto desas características, e o anterior 18-LD pasa a depender do secretario xeral, co que este último vai ter dúas persoas en secretaría, case como un conselleiro/a.
  • Observamos obsesión xeneralizada coas titulacións universitarias como criterios case exclusivos para destacar a formación. Propomos retirar o requisito imprescindíbel de     licenciatura en dereito a dous postos A1-20.

Outras novas recentes

Luns, 20 Xullo 2026

Esiximos novas avaliacións de riscos para gardas e axentes ambientais

A CIG reclama avaliacións de riscos para todo o persoal axente ambiental e garda de recursos naturais en base as novas directrices do INSST Nestes días estamos a solicitar á Xunta a elaboración de novas avaliacións de riscos laborais adaptadas á Lei 4/2024, básica de axentes forestais e medioambientais, e ás novas directrices do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no...
Mércores, 15 Xullo 2026

Xuntanza con Medio Rural: coeficientes reductores e concurso específico para o persoal técnico

Na xuntanza do día 14 de xullo coa Consellaría de Medio Rural sobre o persoal enxeñeiro de montes e enxeñeiro técnico forestal, tratouse, entre os puntos da orde do día, as bases para a provisión de postos de concurso específico (consulta pinchando aquí a información deste punto) e a solicitude de coeficientes redutores para a xubilación anticipada. Coeficientes redutores A...
Venres, 17 Xullo 2026

Datas dos concursos de traslados e procesos selectivos (MSF 16/07/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do xoves 16, a directora xeral de Emprego Público (DXEP) deu información actualizada das previsións das datas de toma de posesión dalgúns concursos de traslados e procesos selectivos. Indica a DXEP que debido ás incidencias técnicas das últimas semanas, tiveron que ampliar os prazos (como foi en corpos xerais ou escalas sociosanitarias) para...