Novas por contido

"Cumprimos o compromiso de trasladar a incipiente mellora económica ao ámbito do emprego público". "Por tanto, comezamos a devolver o esforzo que os empregados públicos teñen feito ao longo destos últimos anos"

Desfachatez, cinismo, hipocresía. Calquera destes adxectivos é acaído para calificar o esperpento de declaracións que o presidente Feijóo fixo na rolda de prensa posterior á aprobación no Consello da Xunta do xoves 5 de marzo da Oferta Pública de Emprego 2015. Segundo se desprende da súa nota, ao presidente Feijoo só lle faltaron os gaiteiros e botar uns foguetes para celebrar por todo o alto a aprobación de 373 prazas da oferta de emprego para o ano 2015.

Enchéuselle a boca para gabarse de que estas 373 prazas son sete veces máis que as do ano anterior pero as súas contas non dan coas nosas e aos datos nos remitimos. Por poñer un exemplo, no ano 2014 a consellería de Vicepresidencia amortizou 133 postos de traballo e actualmente temos enriba da mesa dúas propostas de amortizacións de postos de traballo nas consellarías de Medio Rural e do Mar (130 postos) e na CMATI (91 postos), o que fan un total de 354 postos amortizados só nestas tres consellerías. Se a estes números lle engadimos o resto de prazas amortizadas no ano pasado sobrepasamos por moito as prazas desta OPE 2015.

O balance é negativo para os servizos públicos e para o conxunto das empregadas e empregados públicos. A CIG no seu momento votou en contra de todas estas amortizacións e tamén votou en contra desta oferta de emprego na Comisión de Persoal porque non tiñamos nin tan sequera os números das prazas de cada corpo/escala/categoría nin se nos permite formar parte dos tribunais para vixiar os procesos selectivos, nin aceptan discutir a forma de acceso, nin nada.

 

  Cupo xeral

Persoas con
discapacidade xeral

Persoas con
discapacidade
intelectual
Total prazas
ANEXO I: PRAZAS CORRESPONDENTES Á OFERTA PARA O INGRESO NAS ESCALAS DE ADMINISTRACIÓN XERAL, ESPECIAL E PERSOAL LABORAL NO ANO 2015
ADMINISTRACIÓN XERAL    
Corpo Superior de Administración da Xunta de Galiza (A1) 28 2   30
Corpo Superior da Administración da Xunta de Galiza (A1)        
Escala de letrados 4     4
Escala superior de finanzas 6     6
Escala superior de estatísticos 4     4
Escala de informáticos. Sistema e tecnoloxías da información 4     4
Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galiza (A2) 9     9
Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galiza (A2)        
Escala técnica de finanzas 9 1   10
Corpo Administrativo da Xunta (C1) 19 1   20
Corpo Auxiliar da Xunta (C2) 41 3   44
ADMINISTRACIÓN ESPECIAL    
Corpo facultativo superior da Xunta (A1)        
Escala de enxeñeiros de caminos, canles e portos 8     8
Escala de veterinarios 44 3   47
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros (Disposicións transitorias 8ª, 9ª, 14ª DL 1/2008, do 13 de marzo)        
Especialidade de máquinas e instalacións mariñas 6     6
Especialidade de lexislación marítima 1     1
Especialidade de navegación marítima 1     1
Especialidade de pesca marítima 1     1
Especialidade de procesos de cultivo acuícola 6     6
Especialidade de inglés marítimo 1     1
Intervención subacuática e hiperbárica 1     1
Corpo Facultativo de grao medio da Xunta (A2)        
Escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas 3     3
Escala de subinspección urbanística 3     3
Corpo de Axudantes Facultativos (C1)        
Escala de delineantes 3     3
Escala de axentes do servizo de gardacostas 20     20
PERSOAL LABORAL
Grupo IV. Categoría 003. Auxiliar de enfermería 23 3   26
Grupo V. Categoría 003. Ordenanza     6 6
ANEXO II: PRAZA RESERVADA AO PROCESO DE CONSOLIDACIÓN
ADMINISTRACIÓN ESPECIAL        
Corpo facultativo superior da Xunta (A1)        
Escala de veterinarios 1     1
TOTAL ANEXO I + ANEXO II 246 13 6 265
ANEXO III: PROMOCIÓN INTERNA
ADMINISTRACIÓN XERAL        
Corpo Superior de Administración da Xunta de Galiza (A1)        
Escala superior de finanzas 8     8
Corpo Superior de Administración da Xunta de Galiza (A1) 13 1   14
Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galiza (A2) 18 2   20
Corpo Administrativo da Xunta (C1) 28 2   30
Corpo Auxiliar da Xunta (C2) 33 3   36
TOTAL PROMOCIÓN INTERNA 100 8   108

 
 

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...