Novas por contido

O xoves día 16 de abril celébranse as eleccións sindicais para escoller a Xunta de Persoal Funcionario de Ourense. O horario de votación será de 9:00 a 14:30 horas. Non haberá posibilidade de votación en quenda de tarde a pesar de que a CIG o solicitou o resto das organizacións sindicais e a mesa "non o viron necesario". As mesas de votación soamente estarán situadas na cidade de Ourense a pesar de que a nosa organización solicitou mesas itinerantes que percorreran os centros de traballo da provincia pero o resto das organizacións sindicais non apoiaron a proposta e a mesa das eleccións sindicais non o aprobou. As mesas que quedaron fixadas son as seguintes:

HORARIO: DE 9:00 A 14:30

Mesa da Casa de Chocolate: Presidencia, AAPP e Xustiza, Traballo e Benestar, Cultura

Mesa da XT de Educación: Educación, Facenda, Industria

Mesa da XT de Sanidade: Sanidade e Consumo

Mesa da XT de Medio Rural: Medio Rural, Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...