Novas por contido

O martes 28 de abril, os delegados e delegadas da CIG vamos concentrarnos diante do Parlamento de Galiza pola votación da Lei de Emprego Público.

Convidamos aos empregados e empregadas públicas do Edificio Administrativo da Xunta en Vigo a concentrarse o día anterior, luns 27, diante do edificio, ás 12h.

Por uns Servizos Públicos Galegos de calidade. NON a esta Lei de Emprego Público

Luns 27 de abril, ás 12h, CONCENTRACION no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...