Novas por contido

Visto o incumprimento da consellaría de Facenda, dirección xeral da Función Publica, no que a execución do V convenio colectivo se refire, o comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza e os órganos de representación dos traballadores e traballadoras, na súa xuntanza celebrada o 06/10/2015, acordamos convocar unha manifestación para o Xoves 26 de novembro, entre as 10:30 e as 12:00 horas, que consistirá nunha manifestación dende o Parlamento de Galiza ata o edificio administrativo da Xunta en San Caetano para a reivindicación dos seguintes aspectos:

1.Convocatoria inmediata do concurso xeral de traslados para o persoal laboral da Xunta de Galiza, tal como así esta recollido no art. 7.2.a) do convenio. O pasado ano, o director xeral da Función Publica comprometeuse con este comité intercentros á convocatoria do concurso ao longo do terceiro trimestre do 2014. Compromiso que volveu a incumprise neste primeiro trimestre cando, iniciada a negociación das familias profesionais que posibilitaran o concurso aberto, función publica presentou unha proposta de amortización, supresión e reorganización de categorías que imposibilitaría o concurso para os postos de traballo susceptíbeis de funcionarización tendo en conta a disposición adicional novena da Lei do Emprego Publico de Galiza pola que se crean as escalas de servizos sociais.

As declaracións de función publica nas distintas mesas de negociación deixan caer que haberá concurso traslados de laborais unha vez que se acorde a amortización e supresión das categorías susceptíbeis de pasar a escala de servizos sociais.

2. Derrogación da Lei 1/2012 de medidas do emprego público pola que se suspenderon os arts. 19 (agás a alínea 1), art. 29, art. 34.2 e a disposición adicional terceira.

3. Derrogación da disposición adicional decimo cuarta da Lei 1/2014, de 19 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galiza para o ano 2015, pola que se suspende o art. 19 do convenio colectivo así como o primeiro parágrafo do punto 3.3.8 do acordo polo que se establecen as condicións especiais de traballo do persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza.

Por todo isto, convidamos á participación activa coa mobilización dos traballadores e traballadoras.

 

Xoves 26 de novembro de 2015, manifestación
 

Saída ás 10:30 dende o Parlamento ata San Caetano
 

Convoca: Comité Intercentros

 

Bus dende Vigo e Pontevedra

A saída do autobús farase dende a rotonda da Residencia de Válidos no Meixueiro ás 8:15 h. Faráse parada no CAPD de Chapela (no barrio Parada) ás 8:30 h. Ás 9:00 h. recolleráse as/aos compañeiras/os de Pontevedra no Pavillón dos deportes. A chegada a Santiago está prevista para ás 10:55. Para anortarse hai que facelo chamando aos seguintes teléfones:

  • CAPD: 986 451255
  • Asistida: 986 374141
  • Válidos: 986 253511

Bus dende Lugo

Saida dende Sarria ás 7:45.
Lugo: ás 8:15, diante dos sindicatos.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...