Novas por contido

No DOG  4/1/2016 aparece o anuncio de contratación de brigadas e helicópteros privad@s  para o SPDCIF para o periodo 2016/2017 onde aumenta tanto o tempo de traballo como as funcións en detrimento do servizo público SPDCIF.

Queremos denunciar que  a Xunta de Galicia vai a ampliar estes contratos tanto no que se refire ó número de brigadas como á temporalidade do contrato.

Tal e como reflexa o prego de preescripcións técnicas , xa neste ano 2016 haberá brigadas prestando o servizo durante todo o ano, e tamén como reflexa  o documento,estas brigadas farán traballos de prevención.

A Xunta de Galiza , mantén a día de hoxe parte do servizo Público do SPDCIF contratado con temporalidades de 3 e 9 meses, pasando a mans privadas contratacións de todo o ano. Prescinde d@s traballadores públicos do SPDCIF cos que conta para desenrolar os mesmos traballos  escudándose na falta de cartos , namentres  non dubida en ampliar os contratos das empresas privadas que por suposto non son para nada máis baratos.

Temos que recordar que dende a CIG xa denunciamos pola vía penal este tipo de contratos anos atrás. Así mesmo o movemento que xenerou esta denuncia trouxo como consecuencia un informe do tribunal de contas onde reflexaba de forma clara irregularidades nos procesos contractuais.

Con estes novos plegos de condicións técnicas podemos intuir tal e como foi nos últimos anos as mans de que empresa van ir a caer estes contratos.

Trátase de dar a entender á opinión pública que non hai cartos para o sostemento adecuado do servizo público SPDCIF, cando por outra parte se conceden cada ano contratos millonarios a empresas afíns .

O SPDCIF  é un servizo creado para desenrolar os traballos que segundo este prego de condicións se lle encomendarán a mans privadas, deixando por parte da xunta que se desintegre o dispositivo público intencionadamente coa única finalidade de favorecer ás empresas privadas.

Neste novo contrato, xa non só se establece a extinción para periodos que se podían prever puntuais no tempo como o alto risco, senón que se se amplía a todo  ano para facer incluso prevención, desviándose explícitamente as labouras encomendadas ate o de agora ó SPDCIF, ós petos da empresa privada.

Dende a CIG consideramos que a maiores de non ser ético pode estar incurrindo en fraude de lei no outorgamento destes contratos. 

 

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...