Novas por contido

O mércores 3 e o luns 8 de febreiro tivemos xuntanza co director xeral de función pública nas que tratamos diversos asuntos. Subliñamos o seguinte:

PROCESOS SELECTIVOS

Promoción interna: o listado definitivo sairá na semana do 8. Quedará excluído o persoal doutras administracións que non cumpra o requisito de levar integrado dous anos como persoal da Xunta (afectaría a 18 persoas).

Elaboración dos temarios pola EGAP: o DXFP non se responsabiliza dos atrasos e dos erros. A CIG insiste en que Función Pública non pode obviar o compromiso que ten de elaborar eses temarios en tempo e prazo.

Ordenanzas (6 prazas reservadas para discapacidade intelectual): o Consello Asesor de Integración da Discapacidade reuniuse o venres 5. O temario elaboraráo FP, será similar ao do Estado, 80% oposición e 20 % concurso. Como CIG lembramos a petición que xa fixemos de que as opes para o persoal con discapacidade intelectual se abran a outros grupos e non se limiten unicamente ao grupo V, responden que esa é a intención de FP. Nas vindeiras semanas será remitido á Mesa Xeral e á Comisión de Persoal. Os exames serían en setembro.

Veterinarios: vai haber algún cambio no temario da parte específica e en canto ao da parte xeral, a súa elaboración é un compromiso da DXFP (este temario xeral servirá para o resto de escalas de admón. especial do A1). Queda pendente para o mércores 10.

Resto de convocatorias pendentes: teñen intención de convocalas entre febreiro e xuño, agás subinspección de consumo e axentes medioambientais que quedarían para o 2017. Ao longo dos vindeiros días achegarán borradores de químicos, biólogos, enxeñeiros industriais superiores e técnicos, letrados, estatísticos e delineantes. Para marzo ou abril enviarían as de informática.

Funcionarización: o director volve dicir que a información publicada na prensa (unha vez máis), incluído o número de 6.000 prazas, non saíu de FP. Di que mentres non rematen coa reorganización das categorías do convenio non acometerán a funcionarización. Na CIG temos o convencemento de que persoas con responsabilidade política no goberno están a tomarnos por parvos.

OEP-2016: criticamos que o mércores nos negase a información cando o xoves xa o estaban a soltar na prensa. Di o DXFP que convocan o máximo que lles permite a lei de orzamentos do estado. Xa que logo, non van cubrir as necesidades mínimas (algúns colectivos, como incendios, teñen unha porcentaxe do 42% de temporais). Despois de anos de destrución de emprego público e a substitución por empresas privadas nas que prima a procura de beneficio económico, a CIG demanda unha oferta coa totalidade das vacantes. Queremos promoción interna tamén para persoal laboral, e que estes procesos sexan separados dos procesos libres (temarios, probas e notas de corte diferenciados). Criticamos que concentren todas as prazas de discapacidade intelectual nun único colectivo.

En canto ás novas de instrucións de funcionamento dos tribunais, diranos esta semana se xa serán de aplicación nos vindeiros procesos selectivos.

OUTROS

  • Concurso Persoal laboral: está ligado á negociación polas categorías do persoal laboral, que se retomarán a partir de febreiro.
  • Modificacion do decreto de listas: se é posible para a semana convocarán xuntanza.
  • Comisión de seguimento acordo veterinarios: pendentes da data.
  • Servizo de alerta epidemiolóxica de Galiza: estano mirando coa DX Orzamentos e con RRHH de Sanidade.
  • Problemática equipas psico-sociais do Imelga en Vigo: explicóuselle o que está a acontecer así como a nova publicada na prensa ao respecto, FP di que non lle constan eses problemas en Vigo e que a nivel Galiza se reforzaron esas equipas cando se solicitou. Mirarano.
  • Supresión da lei de medidas temporais: os orzamentos deste ano 2016 impiden a supresión. Para o futuro, non saben.
  • Problemas de falta de persoal no Ingacal: FP non ten constancia, téñeno que consultar.
  • CIXTEC: a CIG preguntou polo concurso de traslados pendente de resolución e informou da situación de precariedade e sobrecarga de traballo que se está a vivir derivada da falta de persoal, quedaron en míralo. A negociación dun novo decreto para o CIXTEC non ten data próxima.
  • GAIN: non están a cobrar os trienios recentes, mirarano. Informa que o venres publicase a orde de integración.
  • Integración de Axencia de Turismo e Turgalicia: próximamente.
  • Integración Xestur: pendente dos informes de Xestur.
  • Aplicación dos días adicionais por vacacións e antigüidade ao persoal acollido a xubilación parcial: quedaron en míralo.
  • Devolución da parte pendente da extra 2012: non saben cando se fará efectivo o pagamento.
  • Horario de entroido para todo o persoal: reclamamos que llo apliquen a todo o persoal, tamén para quenes traballan a quendas. Política Social non acepta porque non se traballan as 1665 horas anuais que marca o convenio. A CIG nega esta afirmación e presentarémoslle cadros de quendas que demostran a falsidade da afirmación de Política Social.
  • Criterios para a cobertura de postos mediante Libre Designación: tratarémolo nunha nova xuntanza que teremos o mércores 10.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...