Novas por contido

Entre o último mes do ano pasado e o primeiro deste, concedéronse un total de 98 novas comisións de servizo, un lixeiro, ou non tanto, repunte tendo en conta as datas festivas que collen a estes meses. Así mesmo, prorrogáronse 152 comisións de servizo, un número similar ao dos meses pasados.

Cada día que pasa é máis grave o retrado do concurso de corpos xerais, entre outras porque incrementa esta forma de provisión de postos e impide que as prazas estean a disposición por medio duns criterios obxectivos, como reclamamos de sempre. A data de hoxe, aínda non sabemos cando se vai resolver o concurso e vemos como hai postos que van camiño de 6 anos en comisión de servizos.

Por outra banda, semella que moitas consellarías utilizan a comisión de servizos, no mellor dos casos, como período de proba para algún persoal en LD. Pódese observar que se prorrogaron 11 comisións de servizo en postos de xefatura de servizo e 1 en subdirección. Visto que o regualmento do concurso das xefaturas de servizo está en fase de negociación, pode vir por aí a explicación desta situación. Iso si, o que non explica, se nos cinguimos aos postos de subdirector/a é que, en canto as novas comisións, concedéronse un total de 9 en postos de subdirecións, ademais de 16 en postos de xefatura. De sobras é sabido que moitas destas xogadas son para seguir apalancando dous postos á vez e colocar de paso a mengano ou mengana; xogada que adoita dispararse en número en canto se resolve un novo concurso.

Por último, con respecto á calidade do mercado e o seu número, nestes dous meses, desta vez foi o seguinte:

- Novas comisións. 15 níveis dezaoito, 16 níveis vinte e cinco, 16 xefaturas de servizo e 9 subdireccións.

- Prórrogas. 42 níveis dezaoito, 43 níveis vinte e cinco e 20 xefaturas de servizo.

- Adscricións provisionais. 1 nível dezaoito, 0 níveis vinte e cinco, 7 xefaturas de servizo e 3 subdireccións.

- Revogacións. 4 en total, todas no mes de xaneiro.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...