Novas por contido

O 22 de marzo houbo unha xuntanza entre sindicatos e consellería (acudiron o vicesecretario, a xefa de persoal, o subdirector do servizo e o xefe do servizo).

Segunda actividade

Referente ás prazas da segunda actividade, contemplada na Lei 2/2004 polo que se crea o Servizo de Gardacostas nos seus artigos 9º, 10º e 11º, din que cos recortes actuais non poden crear prazas novas polo que tras afirmar que o ven difícil, non se comprometen máis que a estudalo (fume, vamos).

A CIG entende que tiveron 12 anos para desenvolver a segunda actividade e chegamos a un punto en que debido ao incremento da media de idade no colectivo estanse a presentar xa casos de dificultade para facer o traballo con normalidade, especialmente as inspeccións no mar.

Réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas, permisos e compensacións económicas

Despois de solicitalo reiteradamente, falamos da comisión de seguimento da Orde do 2 de maio de 2006, pola que establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Dende a CIG expusemos que hai problemas cos cadrantes de horarios nalgunhas bases. As persoas representantes da Administración afirman que non teñen coñecemento de ningunha queixa, algo que desmente a CIG e así llo demostramos con papeis. Reafirmámonos na nosa intención de tratar o asunto coa máxima urxencia. A Administración comprométese a xuntar a comisión a primeiros de abril.

Regulamento de funcións

Segundo nos manifestan, teñen unha proposta de regulamento de funcións que nos enviarán proximamente. A CIG pregunta se é o mesmo que xa nos presentaran aos delegados e delegadas sindicais fai ano e medio e que rexeitamos, mesmo con sinaturas da maior parte dos traballadores e traballadoras. Afirman que efectivamente é o mesmo con "pequeñas cositas" (segundo o subdirector). Sendo así, estaremos en contra, polo que reclamamos variacións significativas.

Comité de prevención de riscos laborais

A CIG solicita a convocatoria do comité de prevención de riscos laborais por mor das avaliacións pendentes das embarcacións auxiliares. Respostan que convocarán a primeiros de abril.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...