Novas por contido

A CIG apoia á Xunta de Galicia no seu esforzo por reducir a menos de 678 incendios para a campaña de 2016 pero veno francamente difícil conseguir ese obxetivo, cando non se molestan en dotar de novos medios nin renovar os existentes, dos profesionais encargados de dirixir o 99 % dos lumes Galegos.

Afirmamos que dispoñemos de menos medios humanos que nos anos 80 posto que o cadro de persoal de Axentes veuse reducido a pesar de ter unha carga de traballo que se multiplicou por 40 a través da normativa autonómica do sector e ao incremento que houbo nos últimos 35 anos no número de incendios forestais, un parque móbil obsoleto, con vehículos de máis de 300.000 Km e máis de 10 anos de idade, a carencia de elementos básicos coma son os rotativos prioritarios azuis tipo V1, algo fundamental para un servizo de emerxencias, ou que coa tecnoloxía existente se podería axudar e moito, na loita contra os incendios.

Criticamos que se gaste diñeiro público en convenios con medios estatais, como avanza a Xunta de Galicia no Pladiga 2016, pois estes cartos poderíanse investir en prevención no lugar de empregalo en organismos alleos á Administración Galega, que ao fin é a responsable da extinción do lumes forestais. Os Axentes Medioambientais “seguen apostando por dispositivo único e público”.

Dotación de Medios

En pleno século XXI seguen dirixindo os lumes coma no pasado, sen ningún tipo de novas tecnoloxías que facilite o traballo na extinción dos lumes forestais, como podería ser unha tablet ou pc na cal se podería volcar a cartografía oficial, ou algo tan sinxelo coma os datos nos teléfonos oficiais e que non implicarían gastos a maiores pois xa se están pagando pero, por sorprendente que pareza, non están operativos. Calquera destes medios axudaría a atallar un lume forestal a tempo, antes de que alcanzase a categoría de incendio forestal, facilitando moito o traballo no dispositivo de extinción de incendios.

Lembramos que o colectivo de axentes forestais réxese por un acordo de condicións de traballo de 2004 (este acordo regulaba as condicións dos axentes forestais, o cal denunciamos que non é de aplicación para a escala de axentes medioambientais), caducado hai 10 anos, sen renovación de uniformes dende o 2008, e que a día de hoxe seguen mantendo para estes traballadores niveis baixos cando a responsabilidade que teñen no seu traballo é enorme. É algo que reivindican desde fai tempo, e non se obtivo ningunha resposta.

Ante unha próxima campaña de verán complicada, lembramos á cidadanía a importancia de denunciar a actividade incendiaria e de adoptar comportamentos que minimicen a posibilidade de producir lumes forestais coma tirar cabichas ou prender lume no monte, incluso para facer de comer usando o lume.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...