Novas por contido

O mércores, 8 de xuño, a CIG facía pública a denuncia que presentamos perante a Axencia Española de Protección de Datos por vulneración da normativa vixente en protección de datos que afecta ás persoas usuarias do certificado electrónico da tarxeta de empregada e empregado público da Xunta de Galiza.

Actualmente a empresa certificadora é AC CAMERFIRMA S.A., unha sociedade mercantil participada polo Consejo Superior de Cámaras de Comercio, varias cámaras de comercio españolas e o grupo bancario Banesto. Anteriormente, os certificados foran xerados pola entidade pública empresarial Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda.

Pois ben, desde febreiro, nas condicións que aceptábamos obrigatoriamente ao solicitar ese certificado dixital, estábamos cedendo os nosos datos á dita empresa e á Camara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España para que "nos mantiveran informados das súas actividades propias".

O mesmo día que a CIG difundía esta información, a Xunta publicou na súa intranet a seguinte nota informativa no seu web, onde recoñece o "erro" e que xa actuou en consecuencia; un erro que se prolongou no tempo desde febreiro ata xuño. Sexa ou non erro, o caso é que estamos ante unha vulneración da normativa vixente en materia de protección de datos e será a Agencia Española de Proteccion de Datos a que decida as consecuencias.

Nota informativa sobre a emisión de certificados

09 de xuño de 2016.- En relación á información xurdida sobre a emisión de certificados de empregados públicos por parte da entidade Camerfirma, adxudicataria do servizo de acreditación dixital do persoal ao servizo do sector público autonómico, realízanse as seguintes aclaracións:

  • Segundo as condicións establecidas no contrato asinado con esta administración pública, Camerfirma unicamente pode facer uso dos datos de carácter persoal para a realización das funcións inherentes á prestación do servizo para o que está contratada.
  • Unha vez que a Xunta identificou un erro nas cláusulas incorporadas por parte de Camerfirma na emisión dos certificados, solicitóuselle a esta entidade a realización das seguintes accións:
    • Modificación inmediata das cláusulas relativas ao outorgamento de consentimento para a cesión de datos. Na actualidade estas xa non figuran.
    • Solicitude da revogación inmediata desas condicións nos certificados xa emitidos.

Informar, ademais, de que esta situación afecta unicamente aos certificados emitidos por Camerfirma no período comprendido entre o 2 de febreiro e o 7 de xuño de 2016.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...