Novas por contido

No DOG de 11/1/2017 aparece o anuncio de contratación de brigadas e helicópteros privados para o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) para o período 2017/2018 onde aumenta funcións e tempo de traballo en detrimento do servizo público.

A Xunta de Galiza volta a ampliar os contratos de brigadas helitransportadas privadas tanto no que se refire ao número de brigadas como á temporalidade do contrato.
Tal e como reflexa o prego de prescricións técnicas, neste ano 2017 haberá brigadas prestando o servizo durante todo o ano, e tamén o mesmo que no 2016, parte delas destinaranse a prevención e a extinción.

Analizando os pregos de condicións constatamos que o material a empregar polas brigadas privadas é exclusivo da extinción -batelumes, mochila, pulasky e mcleod-, non recollendo ningún tipo de maquinaria para facer tarefas de prevención. Trátase entón dunha cortina de fume para xustificar prolongación de contratos dunhas tarefas que ao final non chegan a realizarse. Serán brigadas de extinción no período de prevención, que non é o mesmo.

A Xunta de Galiza mantén a día de hoxe parte do servizo Público do SPDCIF contratado con temporalidades de 3 e de 9 meses -no paro neste momento-, pasando a mans privadas contratacións de todo o ano. Escudándose na falta de cartos prescinde das traballadoras e traballadores públicos do SPDCIF que si contan co material axeitado para realizar as tarefas de prevención, tal e como recolle o convenio, namentres non dubida en ampliar os contratos das empresas privadas que por suposto non son para nada máis baratos.

O SPDCIF é o servizo público creado e dimensionado para a realización das tarefas de prevención e extinción de incendios, deixando que este se desintegre en favor da continua externalización cara a empresas privadas, dando a entender que os cartos que si hai para estes fins non existen para o SPDCIF.

Nesta nova contratación de 2017 a maiores increméntanse en catro as novas funcións a realizar polo dispositivo aéreo, entre elas inclúense: "avaliación de grandes lumes ou lumes simultáneos próximos, medición de superficies queimadas, localización de lugares de perigo alto de incendio en tempo real".
Varias destas funcións xa están asignadas e realizadas a día de hoxe por persoal propio da Consellería de Medio Rural, non entendendo entón por que se duplica esta tarefa e se ofrece ó sector privado. Podería quedar aquí unha porta aberta para absorber funcións do persoal da Xunta e incrementar así as tan cobizadas horas de voo.

Lembramos que a CIG xa denunciou pola vía penal no ano 2012 este tipo de contratos estando a día de hoxe pendente de resolución xudicial. Así mesmo o movemento que xerou esta denuncia trouxo como consecuencia un informe do tribunal de contas onde reflectía de forma clara irregularidades nos procesos contractuais.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...