Novas por contido

Función Pública ven de publicar no portal web da Xunta de Galicia un resumo que inclúe todos os acordos da Comisión Permanente de listas de contratación que son de interese xeral para as persoas anotadas en listas, e que se irá actualizando cos novos acordos que se adopten na Comisión.

Podes consultar o contido navegando no web nos seguintes pés de páxina:

- Información Xeral

- Consulta de listas (estado...)

- Consulta listas Decreto 37

Ou premendo na seguinte ligazón 

Outras modificacións do portal web son unha nova ordenación do menú, que podes consultar nesta ligazón  e, proximamente, unha ampliación do menú de "preguntas frecuentes" co fin de ofrecer unha mellor información ás persoas inscritas.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...