Novas por contido

No DOG de hoxe, 3/04/2017, publícanse as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2017.

Estas axudas van dirixidas á cidadanía en xeral (non se trata de axudas de acción social para persoal da Xunta de Galiza).

O prazo de presentación das solicitudes ábrese o martes 4 de abril e remata o 26 de maio

O martes 4 de abril, ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 2017. Novamente, quedan excluídas destas axudas as persoas que o pasado ano presentaran a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 02-01-2014 e o 01-01-2017, in-cluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a facelo.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos, na seguinte contía:

  • Cando sexa a primeira crianza: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda crianza: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

O prazo de presentación das solicitudes será de 35 días hábiles, contados a partir do día 4 de abril. Dado que a nova normativa non contabiliza os sábados como hábiles, o último día para presentar a solicitude será o 26 de maio.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñíbel na sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros estabelecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Outras novas recentes

Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...