Novas por contido

Dando cumprimento ao acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade, constituíuse a Comisión de Seguimento na mañán do día 5 de abril de 2017, con catro representantes da administración autonómica (Función Pública e Medio Rural) e un representante por cada sindicato.

Logo do proceso de constitución da comisión deuse traslado por parte da Dirección Xeral da Función Pública da situación ata agora dos seguintes procesos a tér en consideración e que deberán ser debatidos no propio órgano da comisión de seguimento:

1.- Segunda actividade. Deron comenzo ao proceso coa proposta que recibimos os sindicatos fai uns días, ao que dende a CIG presentamos as correspondentes alegacións. A administración quedou en estudar as alegacións dos sindicatos, quedando establecido unha nova xuntanza da comisión de seguimento para o vindeiro día 25 de abril, onde determinarán que alegacións aceptan e cales non.

A valoración que dende a CIG facemos ante isto é as presas que vemos por parte da administración en pechar canto antes a segunda actividade, sen valorar en profundidade as consecuencias que pode conlevar un regulamento incompleto tanto para o propio SPDCIF coma para o persoal que se acolla ao proceso. Intuímos que a propia administración está desesperada por sacar canto antes a foto coa segunda actividade en marcha e para eso marcáronse un prazo non máis alá do comenzo da campaña de alto risco de incendios forestais (mes de xullo). A CIG maniféstase no senso de que o proceso de negociación do regulamento deberá formalizarse no tempo necesario, en aras de conquerir un texto ó máis completo posíbel para non darlle a posibilidade a propia empresa razóns de cara a executar os servizos que teñan a ben en cada momento.

 2.- Ofertas de emprego. O DXFP manifestou que a OEP do 2017 en cómputo total, aínda que pendentes da aprobación dos orzamentos xerais do estado alá para o mes de xuño ou xullo, poderá rondar polas 425 prazas (acceso libre), correspondéndolle ao SPDCIF ao redor das 100 prazas.

As prazas do SPDCIF serán convocadas como funcionarios polas diferentes escalas creadas mediante a lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta de Galiza do 2017.

A DXFP xustificouse na obrigatoriedade de convocar as prazas do SPDCIF polas escalas recentemente creadas, en base á entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público. Non están dispostos a convocar dous procesos selectivos, un para adquirir a condición de persoal laboral fixo e a continuación outro para a funcionarización.

Á pregunta da CIG de que vai pasar coa OEP 2016, dixo o DXFP que acumularán dita oferta de emprego á do 2017. A promoción interna desta oferta sí a convocarán en prazas de laborais, en cambio a de acceso libre, irá coma funcionarios.

Ademáis o DXFP comunicou, coa boca pequena, que logo da aprobación dos orzamentos xerais do estado, comenzarán tamén a traballar nunha hipotética oferta de emprego extraordinaria na cál incluirán tódalas prazas vacantes e cubertas por persoal interino con máis de tres anos de antigüidade. Para isto poñerán toda a maquinaria da administración a traballar en aras de determinar a cantidade exacta de persoal que se atopa nestas condicións. Veremos en que queda a cousa!!!

A CIG, esixe que se lle dé cumprimento na súa totalidade a OEP 2016 coas convocatorias de persoal laboral e se negocien canto antes as bases da convocatoria desta oferta de emprego. No tocante ao propio acordo de bombeiros forestais, que se cumpra dito acordo, tanto no concernente á segunda actividade coma na redución da taxa da temporalidade (coma persoal laboral) para o cál demandamos a consolidación das ofertas de emprego recollidos no acordo.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...