Novas por contido

Nota conxunta de CIG, CCOO e UGT

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse a primeira reunión deste Comité no ano 2018. No mesmo tratáronse os seguintes temas:

- Aprobación das actas das tres reunións do ano 2017.

- Relación de membros definitiva e aprobación do Regulamento que constitúe o marco normativo deste CSSL para que funcione cas garantías necesarias, a súa aprobación queda ata a remisión das achegas.

- Protocolos de vixilancia da saúde. Constatase o grave desfase dos protocolos aplicados así como unha confusa identificacións dos postos e quedase en remitir propostas ao SPRL para a sua aprobación no seo do Comité de SSL intercentros e que se apliquen corrixidos canto antes.

- Programación de centros a avaliar no 2018. A proposta provisional non contemplaba a avaliación de riscos dos postos de inspectores de calidade ambiental que se inclúe, ademais vanse avaliar de novo as tarefas de campo do persoal do servizo de conservación da natureza co fin de corrixir os erros detectados. Avaliarase tamén a Piscifactoría de Carballedo.

- Vehículos. CIG, CCOO e UGT esiximos que no caso dos vehículos destinados a axentes o contrato de aluguer inclúa que o Permiso de Circulación debe levar a codificación que posibilita a instalación das luces prioritarias, recollidas nas avaliacións, requiridas por Inspección de Traballo e reflectidas na negociación da Orde de Uniformidade e distintivos das escalas de Axentes Forestais, Medioambientais e Ambientais, xa que é requisito imprescindible para a súa instalación. Sobre as necesidades para zonas de neve, quedouse en que as xefaturas territoriais asumirían o gasto dunhas cadeas para os vehículos que así o necesiten.

- Roupa para persoal de campo do Servizo de Conservación da Natureza. Enviaranse achegas ata o día 9 de febreiro e tratarase nun grupo de traballo conformado polas persoas titulares doas catro xefaturas de servizo provinciais e 4 membros das OOSS. Teñen un orzamento de 260.000€, e que esta roupa irá destinada a Peóns, Vixilantes de Recursos Naturais e Axentes Forestais/Medioambientais, quedando suxeita a entrega baixo demanda ao resto do persoal que necesitasen destes EPIs.

- Carpeta compartida, en marcha o proceso para facilitar o acceso á información continua dos membros do Comité.

- Rogos e preguntas:

- UGT preguntou polas emisoras e cando se instalarían nos vehículos. Resposta: Non poden concretar a data pero din de non tardar moito pois xa hai unha proposta de adxudicación e a Amtega xa ten o orzamento traspasado.

- CCOO preguntou de novo se se adoptou algunha medida sobre a prevención de riscos nos traballo de control cinexético e piscícola, de furtivismo, agresións e ameazas. Resposta: Non fixeron nada en absoluto. Nin sequera o que ven recollido nas medidas correctoras da avaliación de riscos, escudándose nas avaliacións que se realizaron nalgunha instalación ou Parque Natural coma é o caso do Invernadoiro. Sobre o Plan de Evacuación do P.N. das Illas Atlánticas resolven o tema con que xa vai a incluírse noPRUX, o que para nós pon de manifesto que non tiñan previsto ningunha fórmula de protección para as persoas neste caso.

- A CIG pregunta á presidenta do CSSL (A Vicesecretaria xeral técnica da CMAOT) se dende as xefaturas territoriais informaron da toma de algunha medida concreta nestes ultimo ano para a protección da seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras da consellería da que recibimos o silencio por resposta. Porén a xefa territorial de Ourense explicou as medidas que tomaron no Parque Natural do Invernadoiro logo do requirimento da Inspección por denuncia da CIG e das que faltan algunhas das mais importantes como a falla de comunicación e o plan de evacuación.

A CSIF un caso aparte. As intervencións do representante da CSIF neste comité adicáronse no esencial a provocar polémica entre colectivos de traballadores, validando alegacións achegadas dende asociacións profesionais ou incluso boicoteando o funcionamento áxil do comité. Para rematar a CSIF fixo unha protesta pola actuación voluntaria dos días 14,15 e 16 de outubro na vaga de lumes do persoal do servizo de conservación da natureza dos vixiantes dos recursos naturais querendo entrever que houbo incluso compensacións a outros colectivos. Unha protesta que baseou en rumores e supostos erróneos coa única intención de romper o funcionamento do comité polo que a CIG, CCOO e UGT reprobamos e solicitamos á CSIF que volte á cordura e a profesionalidade na defensa da seguridade e saúde dos traballadores desta consellería.

Para CIG, CCOO e UGT é lamentable que un representante dos traballadores faga estas acusacións tan graves dun xeito tan pouco serio, sen achegar datos concretos nin identificar de forma clara cando e onde foron esas situacións de risco, que el dixo que existiran, para o persoal laboral de conservación. Resulta indignante que se intente desvirtuar a colaboración que nese día fixo o persoal de Conservación co SPDCIF, e si algún traballador/a recibiu unha orde directa pola que o puxera en perigo intencionadamente a súa vida que o denuncie con datos concretos ante calquera dos delegados sindicais ou con escrito dirixido ao Comité de Seguridade de Medio Ambiente, xa que este é un tema moi grave como para basearse en rumores.

A xuntanza pechouse coa indignación de todos os presentes polo último punto tratado, queda previsto que a vindeira sexa antes do 2 de abril.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...