Novas por contido

A CIG rexeita a proposta do secretario provincial do Psdg-Psoe de Ourense de militarizar a loita contra incendios ao solicitar unha base da UME para Ourense.

Con esta proposta, achaira o camiño privatizador co que o Partido Popular pretende apartar das emerxencias aos servizos – civís- públicos.

So dende o descoñecemento técnico, por non nomear o atemporal e casposo da proposta política, se pode plantexar unha petición deste tipo nunha provincia, como é a de  Ourense,  arrasada nas últimas décadas como un dos epicentros dos incendios forestais.

Vaia por diante a férrea defensa que dende esta central facemos dos servizos públicos de emerxencias, tanto no eido forestal como no urbano, e no caso concreto da loita contra os incendios forestais, da necesidade dun servizo único – público- e profesional, tantas veces esgrimido e coreado dende as filas do seu partido.

Conta, por sorte, este país con grandísimos profesionais na loita contra os incendios, con corpos –profesionais-  que foron deseñados tanto no eido urbano como no forestal para un óptimo desenrolo das súas funcións, por suposto dende o eido civil, e que si unicamente viron mermados nalgún momento o seu rendemento, foi pola política de aniquilación dos servizos públicos que ven practicando o Partido Popular nos últimos anos, sedentos de arrincar a xestión das emerxencias do sector público para levalos as mans amigas  das empresas privadas, antepoñendo o lucro empresarial a protección dos bens, do medio e das persoas en xeral.

Tal e como dí a misiva, Ourense leva anos sendo a provincia con máis incendios e hectáreas queimadas de todo o estado, ese pouco honorábel liderádeo ven de lonxe.

Porén a altísima actividade incendiaria foi combatida nos últimos 25 anos polo servizo –público- de prevención e defensa contra incendios forestais Spdcif, servizo creado e deseñado pola Xunta para ser o eixo troncal sobre o que vertebrar a loita contra a lacra dos incendios forestais no País.

Este servizo – o spdcif- namentres ocupou arredor dun 85 % do dispositivo total de extinción, foi o servizo máis eficaz de todo o estado, o servizo con máis lumes as súas costas, con mellor capacidade de reacción e con menor número de hectáreas por lume.

So cando baixou esta porcentaxe do servizo respecto do total a día de hoxe movémonos arredor dun 40% caeu a porcentaxe de efectividade por causa da atomización do dispositivo que o converteu en xeral en menos eficaz e fixo máis vulnerable ao medio.

Diante deste escenario, so dende o descoñecemento se poden facer propostas deste tipo, xa que o maior inimigo ao que se enfrontaron @s traballador@s –e servizos- foron os continuos recortes de persoal e medios, e a experiencia e efectividade da UME na loita contra incendios forestais a día de hoxe é anecdótica salvo na loxística.

A maiores das medidas de concretas de ataque -extinción-  aos incendios forestais, dende a CIG esiximos de xeito urxente medidas que promovan a valorización do rural que apoiadas e avaladas por unha política que afonde na multifuncionalidade do monte como  a mellor das ferramentas  para evitar que se xeneren os incendios forestais en orixe.

Dende a CIG incidimos de novo nas medidas urxentes que consideramos imprescindíbeis para adaptar aos medios públicos as novas necesidades, tal e como xa temos achegado a administración en innumerábeis ocasións;

  • Precísamos a día de hoxe, completar os servizos públicos ao 100% para que poidan desenrolar os seus traballos e acadar so fins para os que foron concibidos e deseñados.
  • Precísamos dun servizo único, profesional e público, CIVIL.
  • Precísamos duns servizos máis profesionais, permeables capaces de afrontar as novas situacións de risco plantexadas polas novas tipoloxías de lumes.
  • Precísamos unha maior coordinación entre os diferentes corpos de bombeiros do eido urbano e do eido forestal, diante dunha das maiores ameazas as que se enfrontan os núcleos rurais e urbanos como son os lumes de interface.
  • Precísanse protocolos moi claros de actuación diante dun escenario como son os lumes de quinta xeneración e as multiemerxencias, que presentan un escenario apenas recollido nos protocolos de traballo ate o de agora.
  • Precísase logo máis que nunca afortalar  e mellorar os servizos públicos de emerxencias.
  • E por suposto, precísanse, polític@s a altura das circunstancias.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...