Novas por contido

O luns 16 de abril asistimos a unha xuntanza convocados pola Dirección Xeral da Función Pública (DXFP) á que asistiu tamén por parte da Consellería do Medio Rural, o director xeral de Ordenación Forestal, a xecretaria xeral técnica e o subdirector de persoal. Pola parte social asistiron as catro organizacións sindicais con representación no sector.

Comezou a xuntanza o DXFP cun breve relatorio no que explicou os puntos básicos a tratar na xuntanza. Temos que dicir que chegamos sen documentación previa. Os tres puntos eran os seguintes:

  1. Aumento do tempo de traballo ao persoal fixo discontinuo de tres meses, sendo este progresivo: catro meses no 2018, cinco meses no 2019, seis meses no 2020.
  2. No ano 2019 todo o dispositivo de extinción da Xunta será xestionado por medio Rural. As funcións de extinción neste momento asumidas por Seaga, pasarán a ser contratadas pola Xunta, facéndose a cobertura polo decreto de listas. Estas prazas comezarían no 2019 tendo nese ano ao igual que os fixos discontinuos 5 meses, e 6 meses no 2020.
  3. Reestruturación do número actual de compoñentes das brigadas de 7 a 5.

Comunícasenos que nos remitirán texto para alegacións no medio prazo.

Segundo o DXFP, todo este texto está pactado coa consellería de facenda, é dicir que hai os cartos para levalo adiante. Neste momento non se achega ningunha proposta de distribución de persoal concreta. Anuncia tamén que o proceso levará concurso de traslados e vai ligado á modificación da RPT, onde xa virían recollidas as prazas como funcionarios.

Dende a CIG centramos as nosas achegas no plano técnico en canto a afectación xeral do dispositivo, deixando as cuestións concretas da reestruturación para o momento en que se nos achegue unha proposta escrita máis ou menos concreta.

Namentres non se aclare o groso da proposta parécenos de certo infantilismo entrar a valorar detalles menores que certamente cremos poden desviar a atención sobre o verdadeiramente importante.

Preocúpanos como pode afectar a nova disposición das brigadas a efectividade do dispositivo, tanto en canto, ao librar xuntas os días de libranza queda esa parte do terreo ao descuberto, cousa que non acontece ao día de hoxe onde as brigadas estàn operativas os 365 días do ano. Este descuberto representa a día de hoxe un perigo o plano técnico en canto á extición de lumes, como unha perigosa porta aberta para situar brigadas da empresa privada.

Manifestamos que isto pode perxudicar un dos factores determinantes na extinción,tale como recolle o Pladiga a día de hoxe, como é o tempo de reacción. O Spdcif debe ser áxil, e cunha resposta no primeiro en primeiro ataque rápida e efectiva.

Propoñemos neste sentido, duplicar o número de Brigadas tal e como xa tiñamos manifestado neste aspecto, convertindo as actuais brigadas de sete, en dúas de cinco contratando simplemente tres persoas mais.

Así teriamos os beneficios das brigadas e cinco e non creariamos ocos sen cobertura.

Insistimos na necesidade da formación e os protocolos de actuación para adaptarnos aos novos retos e mellorar a profesionalidade e efectividade do Spdcif, no día de hoxe referente para outros dispositivos de extinción.

Esiximos unha explicación de como encaixa toda esta reestruturación en canto a tempos de traballo nos procesos de funcionarización que ten prantexados a día de hoxe función pública para o Spdcif. Non se poden seguir incorporando novos retoques sen marcar unha folla de ruta definindo os pasos e prazos a seguir. Se hai capacidade para facer movementos aínda como laborais, ten que haber capacidade para convocar os procesos selectivos comprometidos baixo esta figura xurídica.

Dende a CIG sempre apostamos claramente pola incorporación, sexa cal sexa a forma xurídica, de todos os compañeiros e compañeiras fixos distontinuos de tres a nove meses, a traballar todo o ano como servizo de emerxencias que somos no medio rural. Non compartimos o concepto de estacionalidade e reforzo que nos trouxo ate aquí.

Dende logo que é positivo o aumento de tempo de traballo e prazas, pero debemos ser máis esixentes, e o plano das emerxencias sitúanos a día de hoxe nunhas necesidades non estacionarias.

Como xa remitimos por escrito fai unha semana á Dirección xeral de ordenación forestal, esiximos que as Brigadas helitransportadas estean compostas en exclusividade por persoal da Xunta.

O incremento de prazas debe aplicarse a todos os postos do dispositivo, para así seguir reforzando a columna vertebral dun dispositivo sobre o que debe xirar en exclusiva a extinción dos incendios forestais, tal e como foi deseñando e pensado pola propia Xunta, no País.

En definitiva, unha proposta con luces e sombras que haberá que estudar polo miúdo unha vez se acheguen propostas concretas e por escrito para estudar a fondo.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...