Novas por contido

No DOG do 25/06/2018 publican a Resolución pola que se convocan as probas físicas e de agudeza visual para as listas de substitución de determinadas categorías de persoal laboral dos Servizos de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (Spdcif) e do Pladiga. 

A base 9ª da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, establece que para poder ser contratados nas categorías de técnico/a superior de defensa contra incendios forestais, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, bombeiro/a forestal condutor e bombeiro/a forestal:

É requisito imprescindible a superación dunha proba de aptitude física: proba do banco, que consistirá en subir e baixar dun banco de 40 cm de altura para os homes e 33 cm para as mulleres, a razón de 90 movementos por minuto (22,5 veces minuto) durante un período de 5 minutos;
Será necesario para ser considerado apto obter como mínimo os parámetros de capacidade aeróbica, pola aplicación dos resultados da idade, peso e pulsacións segundo as táboas propias desta proba: 38 puntos, agás no caso dos condutores de motobomba que será de 35 puntos.
Para poder ser contratado na categoría de vixilante fixo/a é requisito imprescindible a superación dunha proba de agudeza visual na que tamén o resultado é apto ou non apto.

As probas físicas e de agudeza visual dos aspirantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral do Spdcif e Pladiga, iniciaranse ás 8.30 horas do 2 de xullo de2018 nas capitais das catro provincias galegas, nos seguintes lugares:

  • A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto, rúa Alcalde Sanjurjo, s/n, A Coruña.
  • Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras), rúa Filarmónica Lucense, s/n, Lugo.
  • Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía, As Lagoas, s/n, Ourense.
  • Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia: rúa María Victoria Moreno, núm. 43, Pontevedra.

A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Data Letra apelido:

  • 2 de xullo de 2018: A-B-C
  • 3 de xullo de 2018: D-E-F-G-H-I
  • 4 de xullo de 2018: J-K-L-M-N-Ñ-O-P
  • 5 de xullo de 2018: Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Consellería do Medio Rural. 

A partir do día do inicio das probas, expoñerase nos lugares de realización das probas, así como nos distritos forestais de cada provincia, a relación de aspirantes con indicación da data de realización correspondente. Dado que a vixencia das probas é anual, están obrigados a realizar estas probas todos os aspirantes convocados. Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto da data de realización da proba.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...