Novas por contido

Mediante escrito ao efecto CIG e UGT vimos de preavisar no día de hoxe a convocatoria dunha folga coas seguintes características:

1. A convocatoria da folga realízase por acordo de dúas organizacións sindicais, logo de varias asambleas e mobilizacións dos axentes medioambientais e forestais, CIG e UGT, con ámbito na Mesa Xeral de Empregados Públicos da Administración Autonómica de Galiza.

2. A folga comezará o día 25 ata o 27 de xullo, ás 08 horas, e, a partir do 1 de agosto, ás 00hs terá unha duración indefinida, afectando á escala de axentes forestais/facultativos medioambientais, funcionarios e funcionarias ao servizo da Administración Autonómica galega.

3. O obxectivo da folga é que a Administración Autonómica recúe na súa pretensión de imposición dun aumento horario e dun empeoramento das condicións de traballo:

  • Acadando un acordo de condicións de traballo que permita unha redución dos excesos horarios adecuando á xornada máxima anual do resto empregados públicos.
  • Propondo unha compensación económica acorde ao carácter extraordinario dos seus horarios e un complemento específico que retribúa a penosidade, toxicidade, turnicidade e especial responsabilidade deste persoal en concordancia con outro persoal da Xunta con características funcionais semellantes.
  • Procedendo a instar ante o Estado ao recoñecemento das enfermidades profesionais e os coeficientes redutores para adiantar a idade de xubilación.
  • A regulación da segunda actividade no servizo activo e a creación de prazas suficientes para atender este servizo público.
  • Avanzando na igualación dos dereitos laborais do resto do persoal funcionario, a flexibilidade e a conciliación persoal, laboral e familiar, as licenzas, os permisos e as vacacións.

4. A folga declárase por non teren chegado a resultado satisfactorio as negociacións previas coa Administración que non atende a ningunha das solucións aportadas por estas organizacións bloqueando, na práctica, o proceso negociador.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...