Aconteceu que durante un lume a tripulación do helicóptoro atopábase aloxada nun hotel a 30 minutos da base o que pode ocasionar problemas de resposta ante perigos para persoas e bens durante os lumes forestais.

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /Consultoría Natutecnia ,SL foi contratada pola Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Rural para o servizo dun helicóptero e brigada, con destino ao SPDCIF durante os anos 2015, 2016 e 2017 (con prorrogas ate 2019) destinado a base Ourensán de Toén no distrito forestal XII Miño-Arnoia.

A  citada empresa  concesionaria leva dende outubro de xullo do 2017 sen o helicóptero Puma  con matrícula EC-JYP e substituído dende xullo deste ano co helicóptero Bell 412 con matrícula EC-KUV e co helicóptero Bell212 con matrícula EC-IYP que substituíu ao anterior.

Estase a incumprir o artigo 10.1 do Prego de prescricións técnicas que rexen a contratación dun servizo integrado do helicóptero e brigadaxa que as cláusulas obrigan a que ”O horario habitual de presenza física na base para cada tripulación será de (11) horas e corenta e cinco (45) minutos diarios “

Que actualmente  a empresa non tén na base de forma presencial as dúas tripulacións dos dous helicópteros, concretamente unha delas non está na base, dandose o caso do envío dun helicóptero a un lume e ao ser requerido o segundo helicóptero a tripulación atopabase a 30 minutos desta nun hotel.

A CIG ven de esixir, por todas estas irregularidades  e incumprimentos, a rescisión de contrato A Inaer Galicia (actualmente Babcok)/Consultoría Natutecnia S.L por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do servizo (artigo 10.1 do Prego de cláusulas administrativas)