Outras informacións e conflitos xerais

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock)/Consultoría Natutecnia, SL con contrato prorrogado ata o 2019 para un helicóptero coa súa brigada na base ourensá de Toén (Distrito Forestal XII) tivo durante o día 25 de xuño un aparato Bell 412 con matrícula EC-KUV, un B3 con matrícula EC-LBV e a maiores aterrou na base un helicóptero super puma MK2 con matrícula G-REDM que permaneceu na base ate o día 27 de xuño mentres o persoal da empresa estaba revisando o citado aparato.

Que a base de Toén non cumpre a normativa para poder albergar tres helicópteros coa súa tribupación.

Que o helicóptero a maiores non está contratado pola administración e está a utilizar as instalacións da base de Toén de forma irregular e en beneficio da propia empresa.

A CIG ven de solicitar que se tomen as medidas oportunas para sancionar á empresa por utilización irregular dunha base da Xunta de Galiza así como as aclaracións de que facía ese aparato na base de Toén e se tiña algún problema mecánico.