Novas por contido

Alá polo mes de xullo a Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu unha rolda de negociación cos sindicatos para tratar os temas dos pluses en dous organismos apegados a consellería, o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Coa súa exposición “razoada”, aproveitando e estirando ata o infinito e mais alá as xustificacións, queren incrementarlle a 2 “amigos” (do conselleiro ou do secretario xeral, quen sabe) o soldo en 6.721,82 € a cada un deles. Para iso métenas nun lote con outro grupo de persoas que si teñen responsabilidade no traballo que desempeñan.

Eses 2 “amigos” (do conselleiro ou do secretario xeral, quen sabe) só fan traballo de “despachitos”, pero para máis datos, cada un ten na súa estrutura, respectivamente, un xefe de servizo que si exerce unha responsabilidade. En realidade, do que estamos a falar é dun “pagamento polos servizos prestados” a quen foran xerentes da extinta Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Dende a CIG presentamos as alegacións para o recoñecemento de pluses aos traballadores/as que realmente si fan traballos na rúa, con recoñecemento de perigosidade, toxicidade e/ou penosidade segundo consta nas distintas valoracións de riscos deses postos de traballo. Pola contra, opoñémonos frontalmente a que eses 2 “amigos” (do conselleiro ou do secretario xeral, quen sabe) se lles suba o salario descaradamente e sen unha xustificación obxectiva.

A contestación da consellería ás nosas alegacións foi clara e lamentábel a partes iguais. O persoal que ten demostrado e valorado o risco dos seus postos de traballo quedan sen os pluses, mentres que aos 2 ínclitos “amigos” (do conselleiro ou do secretario xeral, quen sabe) se lle quere incrementar o soldo 6.721,82 €. Así se fan as cousas nesta consellería. Con dous...

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...