Novas por contido

Dende a CIG vimos de rexistrar unha proposta de reordenación do SPDCIF dirixida aos grupos parlamentares de cara unha Proposición Non de Lei, na que expoñemos, con vistas ao curto e medio prazo, cal debe ser o camiño a seguir no SPDCIF.

O pasado venres 30 de novembro a CIG-Autonómica rexistraba unha PNL – proposición non de lei-, co fin de presentar a proposta da CIG de reordenación do SPDCIF.

No mes de abril deste ano 2018 a Consellería do Medio Rural presentou xunto con Función Pública a súa proposta de reordenación para o SPDCIF. Aínda que debemos recoñecer que o borrador que a Xunta nos presentou contiña medidas interesantes, quedábase excesivamente curto e incluso retrocedía nun aspecto vital na extinción a día de hoxe, como é a capacidade de reacción dos equipos. A maiores apenas abordaba a imprescindíbel formación e posta ao día do dispositivo e introducía novas temporalidades contractuais no colectivo, non acordes estas coa desaparición da temporalidade ao sermos servizo de emerxencias dende o ano 2015.

Diante deste panorama, e da inexistencia de negociación posterior, na CIG puxémonos mans a obra para analizar polo miudo a proposta da Administración co fin de mellorala no que considerabamos necesario e sobre todo factíbel dentro do orzamento que a Xunta dispoñía para este proxecto.

Así, unha vez cuantificada a oferta que a Xunta esta disposta a aprobar, e dentro dos mesmos ou semellantes números, a CIG fai chegar aos grupos parlamentares e á propia Consellería unha proposta que recolle :

  • Duplicar o número de brigadas: Isto garantiría a maioría das coberturas durante os 365 días do ano e una aforro respecto da proposta da Xunta.
  • Maior seguridade xurídica e condicións laborais dignas e acordes ao servizo de emerxencias que somos, polo que esiximos unha duración mínima de 9 meses para as ampliacións e novos contratos.
  • Formación para o SPDCIF, por necesidade e tal e como recolle a lei, a formación inherente á profesión, recollida e regulada no Decreto 624/2013 de 2 de agosto.
  • Brigadas helitransportadas con persoal contratado directamente pola Xunta.
  • Un plan de mellora continua para as instalacións que utiliza o persoal do SPDCIF.

Estas son as liñas mestras do Plan presentado pola CIG, que agardamos sexa escoitado polos diferentes grupos parlamentares así como polas partes que elaboraron o plan da Consellería do Medio Rural e da Dirección Xeral da Función Pública.

Destes encontros iremos informando segundo se vaian producindo nos vindeiros días.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...