Novas por contido

Logo do peche de delegadas e delegados da CIG-Autonómica o 12 de xullo diante do despacho da conselleira de Traballo e Benestar, os representes desta consellaría accederon finalmente a manter unha xuntanza con representantes do sindicato o luns 20 de xullo.

Na xuntanza, a Secretaría Xeral de Benestar informou do proxecto de creación da Axencia Galega de Servizos Sociais, indicando que está prevista a redaccion do borrador, e comprometéndose a trasladala aos centros en canto sexa elaborado.

A Secretaría Xeral comunicou aos representantes da CIG que o proxecto da Consellaría consiste na unificación de centros nun mesmo organismo (os representantes da Administración aludiron especificamente ao modelo do SERGAS). Ese organismo agruparía as Residencias, as Escolas Infantís, os Centros de Discapacitados e Centros Sociais, así como todos os centros do Consorcio. Ficarían fóra os Centros de Menores.

Segundo informou a Consellaría, o persoal pasaría á nova dependencia orgánica mantendo as mesmas condicións laborais das que gozan actualmentei. No entanto, os representantes da Administración aludiron á posibilidade de negociar un convenio propio da nova Axencia Galega de Servizos Sociais. Frente a isto, desde a CIG-Autonómica lles manifestamos que rexeitamos a negociación dun convenio colectivo propio fóra do Convenio Único do persoal laboral Xunta, e que non consentiremos que a Administración leve a cabo esta reorganización a costa do persoal laboral da Xunta.

Canto ás privatizacións que se están a desenvolver na Consellaría, os representantes da Administración afirmaron que a súa intención non é privatizar os servizos sociais, pero recoñeceron que están a realizarse informes sobre o custo dos servizos como, por exemplo, a limpeza (que xa esta externalizada en moitos centros). Nomeadamente, respecto da Residencia "Volta do Castro", a Secretaría Xeral informou de que as prazas sairán a concurso de traslados, e negou que teñan intención de privatizala nestes momentos.

Por último, a secretaria xeral de Benestar comprometeuse a iniciar reunións cos representantes dos traballadores e traballadoras no mes de setembro, para manternos informados e, de ser o caso, marcando un calendario de xuntanzas para desenvolver as negociacións que sexan oportunas.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...