Novas por contido

O vindeiro venres, 29 de outubro, terá lugar unha reunión con Función Pública para estudar as bases da convocatoria da categoría 31 (legoeiros) do grupo IV de persoal laboral. Segundo a OEP do 2008, convocaránse 38 prazas de acceso libre e 17 de promoción interna e cambio de categoría. Non sen tempo, a Administración facilitounos o día 13 de outubro os primeiros borradores sobre os que tivo lugar unha xuntanza o día 15. Posteriormente, a CIG-Autonómica presentou alegacións por escrito, que serán debatidas este venres.

Descargar resumo da reunión

Descargar alegacións

Descargar borrador convocatoria acceso libre

Descargar borrador convocatoria promoción interna


Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...