Novas por contido

Dada a proximidade da renovación dos comités de empresa do persoal laboral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, desde a CIG-Autonómica queremos manifestar a necesidade  de lle outorgar ao profesorado de Relixión unha representación propia e separada nos comités de empresa da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

A diferencia do que sucede nos comités de empresa do persoal laboral de todas as outras consellarías, aos que corresponde a representación unitaria do persoal laboral da Xunta, no caso da C. de Educación está representado tamén o profesorado de Relixión,  asimilado para estes efectos ao persoal laboral. Cómpre subliñar que o profesorado de Relixión presenta a peculiariedade de que non é  seleccionado de acordo aos principios contitucionais de mérito e capacidade no acceso ao emprego público. No caso do profesorado de Relixión Católica, trátase de persoal seleccionado polos bispos e arcebispos da Igrexa católica. Para as confesións non católicas que gozan de acordos de cooperación co Estado (a Comisión Islámica do Estado español,  a Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas e  a Federación de Comunidades Israelitas),  con presenza moi minoritaria, o sistema de selección é similar.

Tanto o Tribunal Supremo como o Tribunal Constitucional teñen recoñecido que o profesorado de Relixión ten un contrato de carácter especial, xa que son nomeados para cada curso académico por proposta da confesión relixiosa correspondente.  Por mor dese carácter singular da súa relación laboral, non se lles recoñece antigüidade por contratos anteriores, nin tampouco a condición de persoal fixo ou fixo-discontinuo.

Nas Administracións Públicas, danse distintas solucións no ámbito da representación sindical para o profesorado de Relixión. Así, hai Administracións que non admiten o profesorado de Relixión como candidatos, aos comités de empresa, por entenderen que a renovabilidade anual impide que reúnan a antigüidade mínima; outras Administracións, en cambio, admiten ao profesorado de Relixión como candidatos. 

A maioría das Comunidades Autónomas, incluíndo as veciñas Asturias e Castela-León, optaron pola solución que desde a CIG-Autonómica nos parece máis razoable: tanto por parte dos respectivos Gobernos autonómicos como das organizacións sindicais correspondentes acordouse a existencia de procesos electorais específicos para o profesorado de Relixión, para evitar que se distorsione a realidade da representación do persoal laboral, ao aumentar o tamaño dos colexios electorais e do número de representantes, sen que iso se traduza nunha mellor representación nin do colectivo do profesorado de Relixión, nin do persoal laboral dependente da C. de Educación e Ordenación Universitaria.

Por estas razóns, desde a CIG temos solicitado á Secretaría Xeral de Educación  que, de cara ás próximas eleccións sindicais, reconfigure o ámbito dos seus comités de empresa  co fin de que o profesorado de Relixión teña unha representatividade separada, entendendo que esta reforma é conveniente para mellorar a eficacia dos comités e  para lle outorgar ao persoal  laboral desta consellaría unha representación específica como existe no resto dos departamentos da Administración autonómica.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...