Novas por contido

Dentro dos subgrupos que quedan por elixir, varios traballadores comunicáronos o seu enorme malestar porque andan circulando por vías non oficiais os listados das prazas que, supostamente, se van ofertar proximamente aos subgrupos C2 e C1.

Desde a CIG-Autonómica solicitámoslle á Función Pública que para garantir a transparencia sobre estes asuntos, unha vez se elaboren os listados provisionais, se lle de publicidade desde a páxina web de Función Pública e se comunique esta ás organizacións sindicais para poder presentar as alegacións oportunas. Subsidiariamente, co gallo de facilitar o acto de elección de destino ás persoas implicadas, que se faga publico ese listado, canto menos, no momento de envío o DOG.

Por outra banda, mediante escrito presentado con data do 02/03/2011, xa expuxemos a nosa queixa pola oferta ao subgrupo A2 de prazas quedaron vacantes tras o proceso de resultas do vixente concurso de traslados. Do mesmo xeito, propuxemos unha solución para conciliar os dereitos tanto do persoal funcionario como o de novo ingreso.

De novo insistimos nos nosos argumentos, para que se teña en consideración os fundamentos e alternativas expostas, para os efectos de non seguir ofertando de xeito definitivo ao resto de subgrupos as prazas que aínda non pasaron de xeito efectivo por un concurso de traslados.

Un día despois o director xeral da Función Pública contéstanos, desbotando a dita solución da toma provisional porque "xera disfuncións" sen citar ningún exemplo concreto. Desde esta central se citou a puntuación da permanencia nos concursos de traslados como a única das disfuncións, para a cal se propuxo como solución a de excepcionalo nas vindeiras ordes de concurso de traslado. Para maior abundamento, cita a discriminación fronte aos aspirantes que tomen destino definitivo, deixando de lado a enorme discriminación que supón fronte ao actual persoal funcionario.


Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.