Novas por contido

CONCENTRACIÓNS DIA 6 MARZO-CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER TRABALLADORA- SANTIAGO DE COMPOSTELA

Concentracións conmemoración día da muller traballadadora

Pola presente informamosvos que dentro dos actos de celebración do DÍA 8 DE MARZO, día da Muller Traballadora, e co ánimo de demandar a implantación de plans de igualde, políticas de conciliación da vida laboral e familiar, implantación da perspectiva de xénero na saúde laboral .....  tanto nas administracións públicas coma nas empresas privadas, é polo que vos convocamos aos seguintes actos de protesta, pedindo a vosa participación:

CONCENTRACIÓN ás 11:OO horas : ENTRADA  SUPERMERCADO GADIS, rúa Frai Rosendo Salvado

Comarca de Compostela e   Federación de Servizos    en   Santiago de Compostela.

CONCENTRACIÓN ás 12:OO horas : ENTRADA EDIFICIO ADTVO SAN CAETANO- BLOQUE 1 CONSELLARÍA DA PRESIDENCIA. Santiago de Compostela

Area Pública CIG

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...