Novas por contido

Tras a protesta, que foi secundada por máis de 500 persoas, entregaron un escrito para o presidente da Xunta no que lle piden que rectifique as declaracións nas que dubida da súa profesionalidade.

Os traballadores e traballadoras dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza secundaron masivamente unha mobilización celebrada baixo o lema “En defensa da dignidade dos/as empregados/as públicos/as”.

Ao remate de acto, que tivo lugar coincidindo co Consello da Xunta, os representantes sindicais intentaron sen éxito entregarlle unha carta ao presidente galego na que expresan o seu malestar polas declaracións ofensivas verquidas nos medios de comunicación con respecto ás baixas de persoal, control horario e as queixas pola tardanza en cobrar as nóminas. Diante da negativa de Feijóo a recibilos, optaron por presentala no Rexistro Xeral

Dende a xunta de persoal e o comité de empresa valoraron moi positivamente a participación “activa e masiva” das traballadoras e traballadores de Servizos Centrais, “o que demostra a indignación que provocou no colectivo as desafortunadas intervencións aparecidas nos distintos medios de comunicación realizadas polo presidente da Xunta nos últimos meses”.

Con todo, salientaron que o único aspecto negativo da concentración tivo lugar no momento de intentar entregarlle a carta de protesta lida ao remate da protesta, “xa que a pesar da insistencia das presidentas dos órganos de representación dos/as traballadores/as, non foron recibidas por el, non quedando mais remedio que presentala no Rexistro Xeral”.

Permanecerán á expectativa

Finalmente, agradecéronlle o seu apoio a todas as persoas que asistiron ao acto reivindicativo e lembraron que “velaremos pola dignificación dos empregados/as públicos/as”. Neste senso, advertíronlle a Núñez Feijóo que permanecerán á expectativa porque de continuar coa campaña de desprestixio “seguiremos mobilizándonos”.

Le a carta dirixida ao Presidente da Xunta

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...