Novas por contido
O xoves 26 de maio, a Dirección Xeral da Función Pública mantivo unha reunión con todas as organizacións sindicais para informar dos seguintes temas:

- O venres 27 de maio publicarase no DOG a Orde do 25 de maio de 2011 pola que se regula a tarxeta do persoal ao servizo do sector público autonómico. A intención da Administración é implantar este novo sistema en servizos centrais, extendéndoo progresivamente a todo o persoal da Xunta de Galicia. Procederase a mudar as actuais tarxetas identificativas usadas pola maioría das consellerías por unhas novas tarxetas dixitais, que servirán tanto para asinar desde o ordenador (sinatura electronica) e como para o control da xornada laboral do persoal.

- En torno aos meses de setembro ou outubro, presentarase un novo decreto que regulara o teletraballo e os distinto tipos de xornada do persoal (flexible, etc.).

- En breve remitiranse ás OOSS propostas sobre integración das fundación comarcais de Medio Rural e a Fundación Galicia-Saúde.

- Canto ao control do absentismo laboral, Función Pública anunciou que haberá un seguimento pola Consellería de Sanidade en casos de baixas reiteradas ou de invalideces provisionais.

A CIG-Autonómica preguntou polos seguintes temas:
 
- Sobre o cronograma actual e as previsións de datas das futuras convocatorias de oposicións, Función Pública informou que a Consellería de Facenda comprobará en breve a dispoñibilidade de crédito para poder cumprir os prazos anunciados, tanto para o acceso libre como para a promoción interna.

-Función Pública informou que o futuro decreto de funcións e RPTs de Veterinarios aprobaranse probablemente o mes que vén, e que a intención da Administración é que o concurso deste corpo sexa antes do verán. Así mesmo, informouse de que se hai mais das prazas vacantes das ofertadas no 2008, a convocatoria será en xuño; en caso contrario, están pensando en reducir a oferta.

- Sobre os concursos de escalas: Función Pública anunciou que ten intención de aprobar o concurso da escala de informática antes do verán; no caso dos Gardacostas, Función Pública convocará ás OOSS en xuño para tratar o futuro concurso de traslados e a toma de posesión definitiva dos traballadores que están en destino provisional.

- En relación ao novo concurso de persoal funcionario de Administración xeral, Función Pública informou que tratarán de aprobalo en xuño ou, de non ser posible antes do verán, en setembro. 

- Canto ao concurso de persoal laboral dos grupos I, II, III e IV, Función Pública informou que a intención da Administración é de aprobalo proximamente, e seguidamente tratar o proceso de consolidación de persoal laboral. Convocarán aos sindicatos en xuño.

- Función Pública informou tamén de que teñen intención de anunciar en xuño novidades sobre a promoción por consolidación de grao para o grupo C, pendente de desenvolver desde a aprobación do Acordo de mellora e ordenación do emprego do ano  2008.

-Por último, Función Pública anunciou que a elección de destino definitivo para o persoal funcionario do subgrupo C1 consolidación realizarase despois do concurso de traslados.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...