Novas por contido

Dende a CIG denunciamos a situación que está a acontecer no Distrito III Ordes-Santiago, distrito onde temos constancia de que hai persoal que non está a ocupar a praza que lle corresponde segundo a súa toma de posesión. Así temos que:

  • O xefe de brigada de Trazo que tomou posesión desa praza na oposición de 2005 está a traballar na brigada de Santiago por traslado forzoso auspiciado desde o distrito III.

  • O xefe de brigada do Pino tomou posesión desa praza tamén na oposición de 2005. Posteriormente, e tras a sentenza que anulou a citada toma de posesión do 2005 por non ter moitos dos aprobados a titulación de capataz, na nova toma de posesión ordenada polo xulgado, este xefe de brigada toma posesión na brigada de Santiago onde actualmente está exercendo de xefe de brigada o titular da praza de xefe de brigada de Trazo, ao cal non lle afecta a anulación da toma de posesión do ano 2005 pois posúe a titulación de capataz.

Ante esta situación, atopámonos con que a brigada de Santiago conta con dous xefes de brigada. Logo desta incongruencia, o xefe do distrito III decide destinar ao titular da praza de xefe de brigada de Santiago á CAR de Santiago Meseta Interior. A situación actual é un auténtico esperpento, cunha CAR con sete membros, seis peóns condutores e un xefe de brigada, o cal insistimos en que debería estar no seu posto que é na brigada de Santiago.

Esta situación está a provocar un profundo malestar nos peóns condutores porque este xefe de brigada non traballa absolutamente nada, amparándose no seu cargo e descargando todo o traballo no/s compañeiro/s de quenda que lle toquen. Un exemplo de todo isto deuse no período de baixo risco cando nas labores de prevención (limpeza de puntos de auga, roza de camiños, etc), este xefe de brigada dedicouse simplemente a mirar e a dar ordes. Resulta paradoxal que cando nos cuadrantes coincide traballar un so peón condutor con este xefe de brigada todo o peso do traballo recaia soamente sobre o peón condutor.

Con respecto a este xefe de brigada temos que sinalar que ao non cubrir debidamente os partes de traballo, isto provocou unha chamada de atención dos responsables aos peóns condutores, cando estes non teñen culpa algunha desta situación.

  • A brigada de Tordoia carece a día de hoxe de Xefe de Brigada posto que o titular desta praza está destinado na brigada de Trazo por amizade co xefe do distrito III,  incumpríndose así a máxima de que unha brigada debe estar composta por un xefe de brigada, un peón condutor e cinco peóns. Esta brigada actualmente está dirixida por un oficial de defensa contra incendios forestais, facendo as funcións de xefe de brigada, carecendo das competencias necesarias para exercer como tal.

  • Aparte de todo isto, temos constancia de que na brigada de Santiago o peón condutor debería estar na praza na que tomou posesión que corresponde á CAR de Santiago, e un peón condutor interino que actualmente presta servizos na CAR deberá estar na brigada de Santiago onde ten a praza que lle foi outorgada, situación que leva anos así sen que a día de hoxe se remediara.


Dende a CIG incidimos en que tódolos cambios que se efectúen  deben facerse, de selo caso, segundo o establecido no artigo 17.Permutas do V Convenio Colectivo.

Por outra banda, a CIG ten constancia de que desde o inicio da campaña as xornadas de traballo dos condutores de motobomba nos distritos III e IV, por capricho dos seus correspondentes xefes de distrito, están a  incumprir o V Convenio Colectivo Único, o cal nas Condicións especiais de traballo do Persoal do SPDCIF da Xunta de Galiza, sinala literalmente no punto 3.3.Xornada de traballo, horario e descansos que “En época de perigo alto as bandas horarias serán das 7.00 ás 15.00 horas, das 14.00 ás 22.00 horas, das 15.00 ás 23.00 horas, das 16.00 ás 24.00 horas, e das 24.00 ás 8.00 horas.” 

No caso do distrito III estes condutores estiveron e están a traballar 10 horas diarias por quenda e, no caso do distrito IV, 10 horas e 45 minutos por quenda. Poñamos de exemplo o horario da motobomba de Tordoia (Distrito III), que entra as 8.00 e sal ás 18.00 horas na primeira quenda e de 18.00 ata as 4.00 horas na segunda quenda. Esta situación está a crear un estado de profundo malestar e ansiedade nos traballadores.

Con respecto ao distrito III, sinalar que o seu máximo responsable, o xefe de distrito, está a cometer unha serie de  irregularidades na elaboración dos cuadrantes de traballo como son a falla de compensacións, libres festivos, falla de equidade na distribución das quendas e, no caso das rotacións das brigadas, incumprimento dos descansos mínimos de 12 horas segundo regula o artigo 34.3º do Estatuto dos Traballadores.

Por outro lado, a CIG ten constancia a través dos traballadores, que na vaga de lumes de finais de xuño unha das brigadas do distrito III, a cal lle deron un aviso de lume preto de rematar a súa quenda de traballo (neste caso ás 15.00 horas), non se lles subministrou comida e bebida tal e como recolle o V Convenio no punto 7 do apartado 3.3. Xornada de traballo, horario e descansos, pese a telo solicitado unha traballadora ao seu correspondente xefe de brigada. O mesmo caso sucedeu ca CAR de Santiago Meseta Interior.

Escrito trasladado á Consellaría de Medio Rural solicitando que se tomen as medidas oportunas para emendar todas estas irregularidades.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...